Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

26/5/23

Os Maios


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a festa dos Maios. Cantamos e bailamos acompañados de instrumentos de percusión.

Grazas ás familias pola súa colaboración.

22/5/23

Letras Galegas 2023 : O son que me arrola

O alumnado de E. Infantil participou nun percorrido pola música tradicional coa actividade "O son que me arrola", levada a cabo pola Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy.

Cantaron, tocaron e bailaron e para rematar fixeron un instrumento de percusión.

 


 

21/5/23

Letras Galegas 2023

 


O programa da semana das Letras Galegas prometía e así foi.  
Comezamos coñecendo un chisco máis a Francisco Fernández del Riego, don Paco,  da man de Zoe, Yasmina, Mayra e Nicolás de 6º que fixeron a presentación do autor a todo o  alumnado de Primaria baseándose na obra de teatro "As cousas de don Paco", escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo.



O martes todo o alumnado do centro escoitou, cantou e bailou coas nenas e nenos de 3º: "O esqueleto" de Migallas, "Prefiro bailar twist" de Manuel Manquiña e "O carro", poema de Manuel María interpretado por Treixadura.


 O xoves continuamos os actos coa entrega de premios "Con R de Rosalía", e isto amenizado polos grupos de 4º. 
O grupo de 4ºA recitou o poema de creación propia titulado "Concienciámonos", un poema dedicado ás mulleres.
O grupo de 4ºB interpretou "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.








Para rematar a semana  Halima, Claudia e Julia de 5ºB presentaron o libro "A lavandeira de San Simón", escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Bea Gregores. Primeiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
De agasallo final os recitados de Tiago e Carla de 6ºB, cadanseu poema de creación propia. 
Extraordinaria e intensa semana. Foi todo un deleite!

31/3/23

MULLER E POESÍA


Seguimos  con  CONCIENCIÁMONOS,  poesía desta vez creada, presentada e recitada polas nenas e nenos de 4º A a todo o alumnado de E. Primaria.


 
Os alumnos de 4º A,
imos recitar un poema
que vos vai encantar.

De todas as mulleres
que imos nomear
moitas delas
vanvos soar.

Coa galega Rosalía
imos comezar
esta bonita poesía.

Ela moito escribía
e toda Galicia a coñecía.
Cos seus poemas facía
que a xente tivera alegría.

Coas Tanxugueiras imos seguir
cancións en galego
que vos van divertir
e nunca deixar durmir.


 
A J.K.Rowling
podémoslle agradecer
 a súa fantástica historia
con Harry Potter como un máxico ser.

 
 
E para finalizar,
con Clara Campoamor
as mulleres puideron
votar sen temor.








Gozamos moito. Parabéns!!

MULLER. MES DE ROSALÍA. MES DA POESÍA

Desde o 23 de febreiro e ata finais de marzo todo o centro realizou actividades variadas nas que Muller, Rosalía e Poesía se deron a man. O equipo de Biblioteca e o EDLG impulsaron a celebración destas conmemoracións.
A fermosa figura de Rosalía exposta no vestíbulo foi o eixe ao redor do cal se desenvolveron moitas das actividades.
A saia do seu vestido foise enchendo de palabras, versos, estrofas...da súa obra e do seu pensamento. Tamén gozamos dela en murais de clase.
O concurso de deseño do R de Rosalía para 5º e 6º tivo unha gran aceptación entre o alumnado. Interesantes e belas creacións das nosas e dos nosos artistas. As elixidas lucirémolas en chapas.
Outras mulleres acompañárona e fixeron a súa  aparición en traballos de clase.
Isto e máis...
 

 

20/3/23

OBRADOIRO DE HAIKUS




O día 10 de marzo tivemos a visita da luguesa Cristina Corral Soilán. Ela é escritora, xornalista e profesora.
As nenas e nenos de 4º de Primaria participamos e gustamos do obradoiro de haikus galaico-portugueses impartido por Cristina.
Partindo da obra Ser Portugués é… de Ana La Bella Carapinheira e Tania Ballao Lopes, vimos cantas cousas temos @s galeg@s en común coa cultura portuguesa.
A partir desa idea artellamos un obradoiro de haikus, onde, ademais de aprender a construílos, escribimos os nosos propios poemas, reflexionando sobre a idea de que significa ser galeg@.
Foi moi interesante, quedamos encantad@s. Moitas grazas, Cristina. Volve cando queiras, estamos cerquiña!







 

16/3/23

MULLER E POESÍA

Para celebrar o Día da Muller as nenas e nenos de 4ºB crearon, presentaron e recitaron para o resto de alumnado de Primaria a poesía titulada "Concienciámonos".
Non vola perdades, foi todo un pracer. Parabéns!

Somos 4º B 

e queremos presentar

unhas mulleres

que hai que recordar.


 


      




A primeira é Marie Curie,

inventora da radiografía,

que podemos utilizar hoxe en día

grazas á súa sabedoría.


 

 

 

 

A segunda é Rosalía

representante de Galicia,

poetisa e escritora

moi recordada pola súa obra.






A terceira é Jane Goodall.

Unha muller exploradora, loitadora e valente,

que empatizou cos primates

e fixo cousas moi relevantes.

 




A cuarta é Florence Nightingale,

coñecida pola dama da lámpada,

por coidar aos feridos da guerra como unha heroína,

e ser a precursora da enfermería.




A quinta é Frida Kahlo

pintora mexicana

representante da arte

e moi deslumbrante.

 

 

 

 

E xa para rematar

recordarvos que moitas máis hai,

tanto da nosa contorna coma de lonxe

a súa pegada na historia perdurará.