O día 10 de marzo tivemos a visita da luguesa Cristina Corral Soilán. Ela é escritora, xornalista e profesora.
As nenas e nenos de 4º de Primaria participamos e gustamos do obradoiro de haikus galaico-portugueses impartido por Cristina.
Partindo da obra Ser
Portugués é… de Ana La Bella Carapinheira e Tania Ballao Lopes, vimos
cantas cousas temos @s galeg@s en común coa cultura portuguesa.
A partir desa idea artellamos un obradoiro de haikus, onde, ademais de aprender a construílos,
escribimos os nosos propios poemas, reflexionando sobre a idea de que significa
ser galeg@.
Foi moi interesante, quedamos encantad@s. Moitas grazas, Cristina. Volve cando queiras, estamos cerquiña!
No hay comentarios:
Publicar un comentario