Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

3/12/16

#miúdoparladoiro5

XARDÍN DE IMPRESIÓN
( Adaptación da obra “Monet” de Mª Jesús de la Rosa Ferrer)

Monet, absorto na contemplación do seu marabilloso xardín xaponés, agarda a chegada dos seus colegas e…dunha inesperada galega, aparecida fóra do seu tempo!

PERSONAXES ( alumnado de 4anosB e 6ºA)
Claude Monet : Hugo Pérez López
Pierre-Auguste Renoir: Roberto Valiño Rodríguez
Paul Cézanne: Diego Cortizas Arias
Édouard Manet: Florentino Gabarri Jiménez
Edgar Degas: Nicolás Grande Castelao
Mary Cassatt: Ioana Amalia Costea
Eva Gonzalès: Claudia López Pérez
Joaquín Sorolla: Xere Navia Lareo
Maruxa Mallo: Cerasela Comanescu
Ponte: Ismael Azargi, Daniel Villamor, Adrián Costa e Adrián Ferro
Río: Juan Manuel Barrul, Aitana Martínez, Guillermo Ángel Villarino e Ángel Gómez
Papoulas: Antía Rodríguez, Marta Parga, Uxía Daniela Sánchez, Sabela Onega e Carla Varela
Nenúfares: Noa Rumbo, Halima Kantri, Aya Sghir e Julia López
Discípulos de Monet: Dylan Rodrígues e Aaron Nadal
Musas: Ángela Rodríguez e Sofía López

Esta obra non sería posible sen a colaboración das familias. Moitas grazas!



3/11/16

#miúdoparladoiro3

OS IMPRESIONISTAS

Estamos empezando a traballar no proxecto da biblioteca ¨Impresionámonos cos impresionistas¨ 
e o primeiro que fixemos foi pescudar un pouco sobre o tema. Como queremos falar, falar e falar, esta é a nosa primeira achega.


29/10/16

#miúdoparladoiro2

#miúdoparladoiro1

Nestes parladoiros imos falar claro, falar en alto, falar polas orellas e tamén polos cóbados, falar os sete falares ata...dar que falar. Hai quen prefire botar unhas paroladas, outros... irán ao conto.Somos xente de lendas, de poesía, de relatos, de palabras...Sabemos e queremos falar, o falar non ten cancelas!Parémonos a falar, gozade con #miúdoparladoiro. 


Ventá con parladoiro no castelo de Pambre
 ( Palas de Rei)
Fiestra con faladoiro na fortaleza de San Paio de Narla
( Friol)





23/10/16

CELEBRA O SAMAÍN OU NOITE DOS CALACÚS

Prepárate para celebrar o Samaín, talla a túa cabaza ata ver unha caveira.
Convidámoste tamén a coñercer o Sacaúntos, un ser no que non sabemos se crer ou non crer. Un coco que nos vixía e asusta. Quererá sacarnos o unto?
Veña, non deixes de imaxinar!!


23/6/16

XOGOS POPULARES 2016

Para despedir o curso que mellor que xogar!
En E. Infantil enredamos coa zapatilla por detrás, coa ra, co paracaídas, cos bolos, co corro.
En E.Primaria brincamos co pano dobre, coas cordas, á pita cega, ás mazorcas, ás 4 esquinas, ao pandote.
Tivo lugar a entrega de diplomas ás gañadoras e gañadores do certame de debuxo e narración Letras Galegas 2016 co tema xenérico "Contos de aquí".
BO VERÁN PARA TODAS E TODAS




20/6/16

Os nenos e nenas de 6º B ilustraron un pequeno conto que van contar aos seus compañeiros de Infantil e 1º Ciclo.

17/6/16

LETRAS GALEGAS CON MÚSICA

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

Este venres recibimos a visita de Víctor Otero Vázquez que explicou aos nenos e nenas de 5 anos e de 1º e 2º cales son e como soan os instrumentos tradicionais galegos.

7/4/16

Un mosquito de nome Henri

Durante o pasado trimestre, na clase de 6ºA estivemos lendo unha pequena obriña de teatro que fixo que pasaramos moi bos ratos. É moi curtiña e como a líamos dramatizándoa rímonos moito. Fixemos unhas gravacións para compartir convosco estes momentos. Non teñen moita calidade pero esperamos que sirvan para animarvos a ler "Un mosquito de nome Henri". Moitas grazas pola vosa atención.

29/2/16

#mobilizaRosalía


Estamos de parabéns... 

O pasado 27 de febreiro, os representantes do CEIP Menéndez Pelayo xunto coas súas familias e mestras acudiron á Casa- Museo Manuel María para participar no Concurso de recitado de poesía destinado ao alumnado de ensino non universitario sobre poemas de Rosalía e Manuel María.
Tanto o grupo formado por nenas e nenos de 3anosB con 3 nenas de 2ºA, como Alejandro de 4ºB e Lucía de 5ºB fixeron un recitado impecable, cheo de sentimento, co que emocionaron a todo o público alí congregado. Lucía obtivo o premio na categoría 2 co poema "Galicia" e os nenos e nenas de Infantil coas nenas de 2º, unha mención honorífica pola súa persoal interpretación de "O arco da vella".
En hora boa a todas e todos!!!