Desde o 23 de febreiro e ata finais de marzo todo o centro realizou actividades variadas nas que Muller, Rosalía e Poesía se deron a man. O equipo de Biblioteca e o EDLG impulsaron a celebración destas conmemoracións.
A fermosa figura de Rosalía exposta no vestíbulo foi o eixe ao redor do cal se desenvolveron moitas das actividades.
A saia do seu vestido foise enchendo de palabras, versos, estrofas...da súa obra e do seu pensamento. Tamén gozamos dela en murais de clase.
O concurso de deseño do R de Rosalía para 5º e 6º tivo unha gran aceptación entre o alumnado. Interesantes e belas creacións das nosas e dos nosos artistas. As elixidas lucirémolas en chapas.
Outras mulleres acompañárona e fixeron a súa aparición en traballos de clase.
Isto e máis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario