Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

12/12/17

#miúdoparladoiro16

Nenas e nenos de 5anosB recitan estas dúas poesías de Manuel María. Non as perdades!!

Xosé Abad "Oficios entre lusco e fusco"

Os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil vimos a exposición de Xosé Abad "Oficios entre lusco e fusco" sobre oficios tradicionais galegos.

29/11/17

SAMAÍN E OUTONO

Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o Samaín e adornamos as portas con cousas de outono.



25/11/17

Obradoiro de ilustración con Sabela Díaz

Sabela Díaz foi quen conduciu este obradoiro dirixido ao alumnado de 4ºA e B durante catro xeiras formativas. Ao tempo que foi introducindo algúns elementos básicos do cómic ( viñeta, globos,liñas, expresións, planos...) foron creando unha historieta de temática medio ambiental. Toda unha gozada!

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller co CEIP Casás

Un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañados de Anxo, o seu titor, trouxo ao escenario do centro "Historias verdadeiras",  unha recreación de escenas machistas a modo de pinceladas reais. Moitas grazas.
Violencia de xénero




11/11/17

Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés

O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha xornada formativa con Estefanía Padullés, bióloga, escritora e ilustradora de contos. Este obradoiro de ilustración e aplicación no mundo editorial permitiunos coñecer o proceso de elaboración dos libros. Para rematar deleitounos coa elaboración de debuxos, demostrando a súa mestría nesta arte.










8/11/17

#miúdoparladoiro15





Arrancamos este espazo de oralidade co recitado de dous poemas de Manuel María, "O carro" e " O meu barco" a cargo dun grupo de nenos de 5anosB.

31/10/17

O San Froilán

O pasado 11 de outubro veu ao centro Xulio Xiz para falarnos de San Froilán e das festas. Contounos moreas de cousas que nos agradaron moito. Un gran pracer escoitarte!Moitas grazas.
 


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o San Froilán. Que divertido!!



9/9/17

BENVIDA 2017/2018

Imos cara o cole, imos amodiño, imos de camiño... con ilusión, ledicia e esta canción de Magín Blanco. Benvidas e benvidos!

26/6/17

XOGOS POPULARES 2017

Co pano, o brilé, a corda, as chapas, os birlos, as sete e media...despedimos o curso 2016/17.
Tivo lugar a entrega de diplomas ás gañadoras e gañadores do certame de debuxo e poesía Letras Galegas 2017.
BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS.




25/6/17

LETRAS GALEGAS 2017: teatro

A outra historia de Carapuchiña Vermella

O alumnado de 5ºB deleitounos con esta curiosa e entretida obra. Ademais, contamos con público de excepción, o alumnado e profesorado do CEIP Casás. Moitas grazas!!!













17/5/17

LETRAS GALEGAS 2017: VISITA DE TOÑO NÚÑEZ

Co gallo da celebración das Letras Galegas, recibimos no CEIP Menéndez Pelayo a Toño Núñez, escritor e mestre que nos falou do seu conto O monstro dos Ancares e que nos fixo un agasallo, "Pareados a puñados".
Moitas grazas.

TOÑO NÚÑEZ NA SÚA VISITA AOS GRUPOS A





....E AOS GRUPOS B

3/4/17

Rosalía sempre viva

O colexio participou na III edición do concurso escolar de recitado poético “ Rosalía sempre viva” convocado pola Casa-Museo Manuel María. A fase final  tivo lugar o pasado sábado 18 de marzo, en Outeiro de Rei.
Foi unha xornada moi gratificante na que os nosos participantes, un grupo de 24 nenas e nenos de 1º A e 1º B co poema “ A natureza” de Manuel María, Area López de 3ºA con  “Teatro de guiñol “ de Manuel María, Rosalía Bernárdez de 5ºA con “ Unha vez tiven un cravo” de Rosalía  de Castro e Lucía Ónega con “ A fala” de Manuel María nos deleitaron e emocionaron coa sensibilidade e sentimento amosados nas súas execucións.
E, unha vez máis, estamos de en hora boa, o grupo de 1º recibiu unha mención honorífica e Rosalía o premio na categoría 2.
Ánimo e a seguir nesta festa da poesía!




#miúdoparladoiro13

UNHA TARDE NO TEATRO
( Adaptación da obra “DEGAS:  UNHA TARDE NO TEATRO” de Mª Jesús de la Rosa Ferrer)
No théâtre de l'Opéra Garnier vai  chegando o público. Algúns están no despacho de billetes collendo as entradas. Aparecen xornalistas  e o fotógrafo. Parece que agardan por  alguén. Pouco a pouco van chegando, tamén, os artistas.
PERSONAXES ( alumnado de 4anosA, 5ºA e 6ºA)
Alejandro Arias e Sergio Icardo: fotógrafos
Natalia Campo, Naiara Ferrero, Ximena Gandoy, Jennifer Adaugo, Matilda Pérez, Alicia Rábade, Sara Rodríguez, Sara Sebastián, Alba Valle: bailarinas
Ainoa Muinelo: xornalista e bailarina
Naia Freijo: camareira e bailarina
Hugo Lázare: bailarín
Adrián Rodríguez: xornalista
Denís Carreira, Xoel López e Álex Spagnuolo : espectadores
Hugo Marcos e  Hugo Martínez  : turistas
Adrián Otero: vendedor de entradas
Raúl López : Auguste Renoir
Aidan Sánchez: Claude Debussy
Xoel Méndez : M. Ravel
Miguel Reigosa: Toulouse- Lautrec
Juan Antonio Nadal: Edgar Degas
Hugo Pérez: Claude Monet
Florentino Gabarri : Eduard Manet
Ioana Amalia Costea: Marie Cassatt
Cerasela Comanescu:  Berthe Morisot

26/2/17

#mobilizaRosalía2017

O colexio vestiuse hoxe de poesía para celebrar o Día de Rosalía. Día fixado como aniversario do seu nacemento, todo un acontecemento!!!
  • 6ºA  Lucía " A fala". 
  • 6ºB  Adrián "A fala" e Diana "Heiche de dar".
  • 5ºA  Victoria "Coa pena ao lombo", Rosalía "Unha vez tiven un cravo..."       Marta "Adiós ríos, adiós fontes" e Laura "Negra Sombra".
  • 4ºA  Ainara "O río", Samuel "O escudo", Laura "O meu barco" e Uxía "A estrela sen nome".
  • 3ºA  Brais "O sol", Area "O meu cuarto", Mara "O meu barco", Daniela "O cuco", Naira "O carro" e Carla "O caracol".
  • 3ºB  Laura "A bolboreta" e Irea "O cuco".

22/2/17

#miúdoparladoiro11

Con este #miúdoparladoiro11, as nenas e os nenos de primeiro b rematan as súas exposicións orais sobre os seus animais favoritos. Con todos vós, Lúa Soengas.


18/2/17

FAMILIAS CONTADORAS ...VAI DE CINE!

Hoxe visítanos no noso colexio Antonio Pereira Saqués, director de arte de películas, series de TV e spots publicitarios. É tamén deseñador de decorados e escenografías. Polo seu traballo recibiu varios premios, entre eles o Premio Mestre Mateo 2016 á mellor Dirección de Arte.

17/2/17

#miúdoparlado9

AS ABELLAS 

Tiago e a súa nai María faláronnos sobre estes insectos. 
Ademais trouxéronnos abellas e o xogo da abella na flor.

3/2/17

FAMILIAS CONTADORAS: RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos moito coa charla de Diego Rois Losada. Falounos das vacas, das ovellas, das cabras, da galiña de Mos, do porco celta, do cabalo, dos cans. Ademais Samuel Ferro de 4ºA  contounos cousas das súas galiñas de Mos e ata nos trouxo uns ovos. 
Agora tamén temos un almanaque da selección galega de razas autóctonas!



31/1/17

#miúdoparladoiro6

As nenas e os nenos de primeiro B están a falar nas súas asembleas sobre os seus animais favoritos.
Aquí tedes a exposición de Gisela Corujo. Abofé que este non ha ser o último #miúdoparladoiro.



30/1/17

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA: A botica das emocións




Co fin de traballar a educación emocional dentro da escola, creamos a botica das emocións. Nenas e nenos poderán acudir a ela cando o precisen para resolver algún conflito, identificar algunha sensación que teñan...
No Departamento de Orientación axudaráselles a expresalas, identificalas e xestionalas de forma saudable.
Os estados emocionais traballados son: aburrimento, alegría, amor, noxo, culpa, enfado, envexa, gratitude, ira, medo, rabia, soidade, tristeza, vergonza.
Co apoio do "Emocionario: Di o que sentes" aprenderemos a identificalas expresando o que sentimos.









DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA: Dá o que poidas, colle o que precises





Recuncho xeneroso e compartido onde deixamos e collemos desexos de Paz.