Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

26/5/23

Os Maios


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a festa dos Maios. Cantamos e bailamos acompañados de instrumentos de percusión.

Grazas ás familias pola súa colaboración.

22/5/23

Letras Galegas 2023 : O son que me arrola

O alumnado de E. Infantil participou nun percorrido pola música tradicional coa actividade "O son que me arrola", levada a cabo pola Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy.

Cantaron, tocaron e bailaron e para rematar fixeron un instrumento de percusión.

 


 

21/5/23

Letras Galegas 2023

 


O programa da semana das Letras Galegas prometía e así foi.  
Comezamos coñecendo un chisco máis a Francisco Fernández del Riego, don Paco,  da man de Zoe, Yasmina, Mayra e Nicolás de 6º que fixeron a presentación do autor a todo o  alumnado de Primaria baseándose na obra de teatro "As cousas de don Paco", escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo.



O martes todo o alumnado do centro escoitou, cantou e bailou coas nenas e nenos de 3º: "O esqueleto" de Migallas, "Prefiro bailar twist" de Manuel Manquiña e "O carro", poema de Manuel María interpretado por Treixadura.


 O xoves continuamos os actos coa entrega de premios "Con R de Rosalía", e isto amenizado polos grupos de 4º. 
O grupo de 4ºA recitou o poema de creación propia titulado "Concienciámonos", un poema dedicado ás mulleres.
O grupo de 4ºB interpretou "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.








Para rematar a semana  Halima, Claudia e Julia de 5ºB presentaron o libro "A lavandeira de San Simón", escrito por Eva Mejuto e ilustrado por Bea Gregores. Primeiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
De agasallo final os recitados de Tiago e Carla de 6ºB, cadanseu poema de creación propia. 
Extraordinaria e intensa semana. Foi todo un deleite!