Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

24/3/13

A Árbore e a Auga

  É tanto o que aportan as árbores para o medio natural en xeral e para a saúde dos humanos en particular, que convén dar un paso adiante e colaborar activamente na conservación e fomento dos protagonistas máis grandes do mundo vexetal.
A nosa axuda, xunto coa intervención das máxicas raioliñas de enerxía que lles envía o Sol  e maila intervención do imprescindible ditongo vital que é a auga, converterán un garabulliño bebé nun forte tronco leñoso que será acubillo do futuro; produtor de doces froitas que comemos e verdes folliñas que nos osixenan o ar.
Por todo iso que nos agasallan e porque estamos "Cos pés na terra": temos que querer plantar!
No noso centro plantamos un bidueiro e dous pradairos acariñados polas nosas palabras tornadas poesía.
 Veña, agora TI! E xa sabes: " Se queres podes plantar"





  POEMAS 5º A  DÍA DA ÁRBORE 






POEMAS 5ºB DÍA DA ÁRBORE


22/3/13

A MERLA E O LOBO 

Adaptación dun conto popular dramatizado por Javier, Yeymi e Selene coa dirección da profesora Mercedes. A música é o tema de Milesios que da título ao seu disco "Alén mar". Os decorados foron feitos polos nenos e nenas de 5º B.