Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

7/4/16

Un mosquito de nome Henri

Durante o pasado trimestre, na clase de 6ºA estivemos lendo unha pequena obriña de teatro que fixo que pasaramos moi bos ratos. É moi curtiña e como a líamos dramatizándoa rímonos moito. Fixemos unhas gravacións para compartir convosco estes momentos. Non teñen moita calidade pero esperamos que sirvan para animarvos a ler "Un mosquito de nome Henri". Moitas grazas pola vosa atención.