Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

1/12/20

29/11/20

#miúdoparladoiro 5

 Os nenos e nenas de 4ºA de E. Infantil fixemos un mural de outono e cantamos a canción "Tres castañas polo chan"


26/11/20

#miúdoparladoiro 4

Lía de 4º de Infantil B, súa irmá Ainara de 4º A e súa nai cóntannos: 

 "A vaca que puxo un ovo"

Grazas

 

 

 

#miúdoparladoiro 3

Descubrindo o outono con Lucía de 4º de Infantil B e a súa irmá Celeste de 1ºC, acompañadas de súa nai. Graciñas!

 

23/11/20

#miúdoparladoiro 2

Lois Arias de 4º de Infantil B fala de diversos e interesantes temas. Moitas grazas!
 

2ª tempada: #miúdoparladoiro 1

Recuperamos o #miúdoparladoiro, un espazo para a oralidade aberto a toda a comunidade escolar.  

Lembrámosvos que nestes parladoiros imos falar claro, falar en alto, falar polas orellas e tamén polos cóbados, falar os sete falares ata...dar que falar. Hai quen prefire botar unhas paroladas, outros... irán ao conto. Somos xente de lendas, de poesía, de relatos, de palabras...Sabemos e queremos falar, o falar non ten cancelas. Parémonos a falar!

Comezamos coa familia Rielo Abuín, capitaneada por Antía de 4º de Infantil B. Preséntannos o conto de "Carapuchiña Vermella" con marionetas.

 

Moitas grazas!

15/11/20

Letras Galegas en outono: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, profesor e defensor da nosa lingua e da nosa cultura. As nenas e nenos de 5 anos fixemos debuxos sobre o seu libro “As pitas baixo a choiva “, que conta o que lle aconteceu de pequeno un día de chuvia cando quería recoller as galiñas e acabaron mollados coma pitos, el, as galiñas e toda a familia.


5/11/20

Graffiti Rosalía de Castro

Chegou o día! 

Na xornada de hoxe Diego e Adrián de Outro Prisma elaboraron o tan ansiado graffiti en homenaxe a nosa insigne escritora Rosalía de Castro.

Todo o alumnado de Primaria presenciou en distintos tempos a súa creación, desde a súa estrutura a base de figuras xeométricas ata o seu remate final cheo de cor. Unha obra artística de gran significado e beleza!


 

 


Rosalía de Castro

22/10/20

Zonchos

 


Chegaron os primeiros colares de castañas cocidas a 1ºC, os zonchos.

Dispostas e dispostos a celebrar o magosto na casa? Animádevos!

 

 

Deixámosvos aquí a Uxía Senlle cantando a poesía de Rosalía de Castro "Has de cantar" (Cantares Gallegos, 1863)

Por certo...falta moi pouco para que Rosalía veña ao colexio. Desta vez para quedarse!!

 


9/9/20

Benvida 2020/21


Iniciamos un novo curso escolar, BENVIDAS E BENVIDOS.
Todo está orientado para formarnos e protexernos mutuamente, uns aos outros. Aprenderemos xuntos, sen présas, dándonos tempo. Esforzarémonos moito. Sairá ben!
Goza con Paco Nogueiras "Meu o mundo é", e xa sabes...en galego todo podo facer, pero CON XEITO!



16/6/20

FIN DE CURSO 2019/20

#cheas e cheos de vida
Unha mensaxe para vós, con esta canción de Guadi Galego, "Chea de vida". A cantante xuntou centos de rapazas e rapaces nos estaleiros de Navantia en Ferrol para a gravación orixinal co gallo das Letras Galegas do ano 2017. Foi espectacular!
Goza dela, canta, baila, libera...

Voltaremos vernos!!
Boas vacacións para toda a comunidade escolar



24/4/20

DÍA DO LIBRO

Aínda que levamos días e días na casa, nós non paramos de traballar.

Velaquí os nosos poemas para festexar este Día do Libro tan especial en forma de vídeos e audios que lembran a nosa Rosalía e a Manuel María.

 

 

 

 

 

21/3/20

GaliciaLe

Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar. En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico. 

21 de marzo, Día da Árbore e da Poesía

20/3/20

20 de marzo, Día Mundial da Narración Oral

A todas as persoas nos gusta contar e escoitar historias. É coma unha necesidade que levamos dentro. Podemos celebrar o día cos nosos maiores, grandes contadoras e contadores. Ímonos poñer en contacto, seguro que nos están agardando cunha marabillosa historia. 
Deixamos aquí este conto que nos vén da man do Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega). Uns contos que comparten con nós para levar mellor o #euquedonacasa. Sígueos na súa canle!

16/3/20

PiEFcitos con nós!

Nestes días tócanos ser pacientes e colaborar. Necesitámonos!! Responsabilidade social.

6/3/20

FAMILIAS CONTADORAS: LIFE Lugo+Biodinámico

Divina Vázquez Varela, nai de Daniel de 2º B e membro do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Lugo, xunto con outras compañeiras e compañeiros do equipo de investigación, tiveron a amabilidade de facilitarnos esta actividade de divulgación sobre as accións que se están desenvolvendo dentro do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, todas elas encamiñadas á adaptación ao cambio climático. Este proxecto, coordinado polo concello de Lugo, realízase no polígono industrial das Gándaras.
Alumnado e profesorado de 1º, 2º, 3º e 4º asistiron a estas interesantes charlas. Moitas grazas!

24/2/20

Día de Rosalía

Do país regalía, insigne Rosalía!

No mes de marzo estará con nós no colexio, e vén para quedar. Rosalía sempre!

22/2/20

ENTROIDO 2020 ( 1ª parte)

O Entroido veu ao cole no Día internacional da Lingua Materna. Este día ten como obxectivo promover a diversidade lingüística e cultural. O futuro da nosa lingua está nas nenas e nos nenos, faládelles galego.
O noso Entroido chegou moi colorido e lucido, entre mitoloxía e fantasía, flora autóctona, coidado do medio ambiente e alimentación saudable.

4/2/20

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL CELEBROU O DÍA DA PAZ CON XOGOS COOPERATIVOS, MANUALIDADES E CANTIGAS E BAILES.


"DE FESTA" DE UXÍA  LAMBONA E A BANDA MOLONA