Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

24/11/18

FAMILIAS CONTADORAS: O mar

Fabián e José Basilio Otero Rodríguez, pai e padriño de Saúl e de David, faláronnos do mar en dúas interesantes charlas divulgativas. As confrarías da Mariña, como medir os peixes, cando comelos, a conservación do mar e das praias, novas palabras (chicote, cabo, babor, estribor...) entre outros temas. Ata nos atrevemos cos nós mariñeiros! Moitas grazas.


23/11/18

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres



A comunidade educativa do CEIP Menéndez Pelayo berra un rotundo NON a calquera tipo de violencia: contra as mulleres, contra os nenos, contra os fuxidos do seus países, contra o medio...




17/11/18

HOMENAXE Á CASTAÑA co CEIP Casás


O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º gozou hoxe coas nenas e nenos do CEIP Casás acompañados do su titor, Anxo. Unha homenaxe á castaña en " Unha raíña destronada". A castaña foi a raíña da nosa cociña, ata que...chegou a pataca!! Emporiso os soutos e os leais ourizos seguen anunciando a súa chegada cada outono. Celebra o magosto!
(Se queres saber máis da castaña) 




13/11/18

CONCERTO DE OUTONO

Os nenos e nenas de 3 anos acompañaron con instrumentos de percusión a canción O TÍO TIMOTEO de Mamá Cabra.




12/11/18

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

O alumnado de 4º A e B realizou un obradoiro de ilustración con Sabela Díaz. A ilustradora, acompañada de Castaña, Landra, Pinga e Lontra, foinos introducindo no mundo da banda deseñada a través dunha temática ambiental de vital importancia: a contaminación da auga.

18/9/18

BENVIDA 2018/19

Ola, ola, ola!Estamos de volta. Pasade, sodes benvidas e benvidos!


Museo do Mosteiro de Carboeiro ( Silleda)

Deixamos aquí a "Uxía Lambona e a Banda Molona" co tema tradicional Catro vellos mariñeiros.
Moita atención , será un curso pasado por auga!!
 

18/6/18

BANDA DESEÑADA - CÓMIC

Nas Seccións Bilingües elaboramos os disfraces de SUPERHEROES e fixemos unha banda deseñada...con mensaxe.










16/6/18

FAMILIAS CONTADORAS en Lingua de signos

Sandra Pujades, nai de Chloe de 2ºB, achegounos á Lingua de signos en dúas interesantes sesións. Con ela e de maneira lúdica coñecemos o alfabeto, practicamos cos nosos nomes, escoitamos e interpretamos cancións: "Eu teño alguén" de María Fumaça e o "Monstro das cores en LSE". Moitas grazas, Sandra!


7/6/18

A BANDA 2018

Concerto didáctico coa Banda Municipal e a Escola de Música de Lugo "A volta ao mundo en 80 notas". Unha impresionante viaxe!

31/5/18

LETRAS GALEGAS 2018 co CEIP Casás



Unha vez máis gozamos con alumnado de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañado polos seus titores.
Desta volta faláronnos de Mª Victoria Moreno e da súa relación con Galicia e a nosa Lingua. Cantamos con elas e eles e coa música da cantiga de Camariñas:
"Mª Victoria Moreno
viviu unha historia de amor.
Cando veu para Galicia,
do galego namorou"
Deseguida representaron unha orixinal versión do poema "Can branco, can negro" da obra da autora "Eu conto, ti cantas..."
Para rematar un lema dito con forza: " Fala en galego, pensa en galego, soña en galego e as túas raíces conservarás".
Moitas grazas!

25/5/18

Obradoiro-espéctaculo cos irmáns Caxoto

Este obradoiro-espéctaculo correu a cargo de Felipe e Antón Caxoto, palabra e pincel fundíronse no escenario e fixeron o deleite do público asistente, alumnado de 2º, 3º e 4º.

Antón e Felipe, Caxoto Grande e Caxoto Cativo




>

17/5/18

LETRAS GALEGAS 2018

Co gallo do día das Letras Galegas o alumnado de 1º, 2º e 3º deleitounos con varios actos baseados na obra literaria de Mª Victoria Moreno Márquez.




3/3/18

FebreirAmoriño: "Mira se tes carta"

O alumnado de 5 anos e o de Primaria deu unha grande acollida a esta actividade de carteo desenvolta durante o mes de febreiro e consistente en escribir declaracións e/ou expresións de amor, de amizade, de agradecemento, de cariño... en lingua galega: frases, poesías, cartas, mensaxes, textos diversos...A participación foi moi alta. Damos as grazas polo entusiasmo amosado ao carteiro e ás tres carteiras elixidas por sorteo para os repartos semanais: Sergio Andión, Iolanda Seoane, Mencía Prada e Mencía Rois.

4/2/18

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA: Globos de Paz













DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA CO CEIP CASÁS: Globos pola Paz

Unha vez máis gozamos coas nenas e nenos de 4º do CEIP de Casás acompañados polo seu titor, Anxo. Desta volta faláronnos da Paz na Terra e dos gases beneficiosos para que esta desfrute dunha boa sáude: R(respecto),D(diálogo), CP (comprensión e perdón), AD(aceptación das diferenzas).Moitas grazas!