Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

23/6/16

XOGOS POPULARES 2016

Para despedir o curso que mellor que xogar!
En E. Infantil enredamos coa zapatilla por detrás, coa ra, co paracaídas, cos bolos, co corro.
En E.Primaria brincamos co pano dobre, coas cordas, á pita cega, ás mazorcas, ás 4 esquinas, ao pandote.
Tivo lugar a entrega de diplomas ás gañadoras e gañadores do certame de debuxo e narración Letras Galegas 2016 co tema xenérico "Contos de aquí".
BO VERÁN PARA TODAS E TODAS




20/6/16

Os nenos e nenas de 6º B ilustraron un pequeno conto que van contar aos seus compañeiros de Infantil e 1º Ciclo.

17/6/16

LETRAS GALEGAS CON MÚSICA

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

Este venres recibimos a visita de Víctor Otero Vázquez que explicou aos nenos e nenas de 5 anos e de 1º e 2º cales son e como soan os instrumentos tradicionais galegos.