Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

25/12/14

NADAL 2014. O APALPADOR

Nas vésperas de Nadal o Apalpador baixou das montañas do Courel para visitar ás nenas e aos nenos do colexio. Atopouse con Papá Noel. Xuntos percorreron as clases. Non faltaron as sorpresas!!

O Apalpador acompañado de Papá Noel..

5/12/14

FÁBRICA DE SONS

O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria gozou dun pequeno concerto por parte de profesorado da escola de música " Fábrica de sons".
Os instrumentos electrófonos ( contrabaixo electrónico, guitarra eléctrica e baixo eléctrico) acompañados de batería e a ritmo de blues e doutras pezas coñecidas foron os protagonistas. Un deleite para nós!!