Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

28/1/22

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Linguaxe positiva:"E ti, de que enches a túa mochila?"

Enchemos o noso colexio e a nosa mochila invisible con moreas de burbullas con palabras positivas.

As palabras teñen moito poder. Carga a túa mochila e a dos demais con palabras lixeiras, agradables, bonitas, que nos fan rir...Farás o teu camiño e o dos demais máis feliz!

Actividade baseada no conto: "La mochila invisible" (escrito por Anna Morató e ilustrado por Eva Rami).