Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

25/12/14

NADAL 2014. O APALPADOR

Nas vésperas de Nadal o Apalpador baixou das montañas do Courel para visitar ás nenas e aos nenos do colexio. Atopouse con Papá Noel. Xuntos percorreron as clases. Non faltaron as sorpresas!!

O Apalpador acompañado de Papá Noel..

5/12/14

FÁBRICA DE SONS

O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria gozou dun pequeno concerto por parte de profesorado da escola de música " Fábrica de sons".
Os instrumentos electrófonos ( contrabaixo electrónico, guitarra eléctrica e baixo eléctrico) acompañados de batería e a ritmo de blues e doutras pezas coñecidas foron os protagonistas. Un deleite para nós!!






11/11/14

A VASOIRA DA BRUXA

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil axudamos á bruxa Catuxa a buscar a súa vasoira. 



4/11/14

AS CASTAÑAS

 Os nenos e nenas de 3 anos B, celebramos a chegada do outono cantando “As castañas”.


31/10/14


CELEBRANDO O SAMAÍN...

 

5º B no tempo de Samaín...

MAMASIÑA, QUE MEDO!

 Lectura dramatizada por Alejandro, Roberto, Nisrine, José Luis e Luisa dun fragmento de "Mamasiña, que medo" escrita por Chus Pereiro.


Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ao alcalde, ao garda de tráfico, ao cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda decontado porque, o pobriño, está doente. Axudará a bruxa Celidonia ao xigante papón? Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? Papará aos lectores desta obriña de teatro? Mamasiña, que medo! É unha obra de medo... para morrer de risa.

 

7/6/14

LETRAS GALEGAS CON CONTACONTOS

Continuando coa celebración das Letras Galegas, Cristina González Abelaira deleitou ás nenas e nenos de E.Infantil co conto "A cebra Camila". Para o alumnado de 1º e 2º ciclos " A mosca chosca". Como disfrutamos!!

LETRAS GALEGAS CON CONTACONTOS

Bernabé Castedo relatou ao alumnado de 2º ciclo o conto " A nena de cartón-pedra"

8/5/14

LETRAS GALEGAS 2014: CON DÍAZ CASTRO


Breve curtametraxe de animación na que o poeta relata a súa vida e obra e que serve de base para o xogo do brincaletras
Autoría: EDLG do CEIP García Barbón de Vigo



 Tema orixinal composto para render homenaxe ao poeta. Autor: Paco Nogueiras Nodar
 Unha melodía coñecida para uns versos por descubrir. Proposta do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

29/3/14

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O TESOURO DAS TERRAS DO MIÑO
 Reserva da Biosfera Lucense

Actividades 3º Ciclo de Primaria :
  • Ciclos da auga e das árbores
  • Reserva da Biosfera Terras do Miño
  • O Tesouro das Terras do Miño

21/1/14

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 MENSAXES de PAZ, CANTA COMIGO





"A educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo" Nelson Mandela


"