Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

28/1/21

#miúdoparladoiro 6

"OS TRES PORQUIÑOS"

 Dúas versións contadas pola familia Rielo Abuín e por Lía de 4º de Infantil B, súa irmá Ainara de 4º A e súa nai.

Moitas grazas a todas!

22/1/21

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Letra
Esta é a danza

Da esperanza

Danza capaz

De sementar paz.
 
 
Ombro con ombro

Pódese todo.

Ombro con ombro

Pódese todo.

 
Dá un taconazo

Levanta un brazo

E con donaire

Dalle ao cu aire.
 
 
Colle a orella

Da túa parella

Faille cóxegas

Ponlle pequena.
 
 
Esta é a danza

Da esperanza

Danza capaz

De sementar paz.
 
 
Agora dá un brinco

Ou mellor cinco

E tres palmadas

Con gargalladas.
 
 
Esta é a danza

Da esperanza

Danza capaz

De sementar paz.
 
 
Logo ao compás

Anda cara atrás.

E cara diante

Coma un xigante.
 
 
Pinta un momento

Paz no vento.

Grita un segundo

Paz no mundo.