Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

26/2/17

#mobilizaRosalía2017

O colexio vestiuse hoxe de poesía para celebrar o Día de Rosalía. Día fixado como aniversario do seu nacemento, todo un acontecemento!!!
  • 6ºA  Lucía " A fala". 
  • 6ºB  Adrián "A fala" e Diana "Heiche de dar".
  • 5ºA  Victoria "Coa pena ao lombo", Rosalía "Unha vez tiven un cravo..."       Marta "Adiós ríos, adiós fontes" e Laura "Negra Sombra".
  • 4ºA  Ainara "O río", Samuel "O escudo", Laura "O meu barco" e Uxía "A estrela sen nome".
  • 3ºA  Brais "O sol", Area "O meu cuarto", Mara "O meu barco", Daniela "O cuco", Naira "O carro" e Carla "O caracol".
  • 3ºB  Laura "A bolboreta" e Irea "O cuco".

22/2/17

#miúdoparladoiro11

Con este #miúdoparladoiro11, as nenas e os nenos de primeiro b rematan as súas exposicións orais sobre os seus animais favoritos. Con todos vós, Lúa Soengas.


18/2/17

FAMILIAS CONTADORAS ...VAI DE CINE!

Hoxe visítanos no noso colexio Antonio Pereira Saqués, director de arte de películas, series de TV e spots publicitarios. É tamén deseñador de decorados e escenografías. Polo seu traballo recibiu varios premios, entre eles o Premio Mestre Mateo 2016 á mellor Dirección de Arte.

17/2/17

#miúdoparlado9

AS ABELLAS 

Tiago e a súa nai María faláronnos sobre estes insectos. 
Ademais trouxéronnos abellas e o xogo da abella na flor.

3/2/17

FAMILIAS CONTADORAS: RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos moito coa charla de Diego Rois Losada. Falounos das vacas, das ovellas, das cabras, da galiña de Mos, do porco celta, do cabalo, dos cans. Ademais Samuel Ferro de 4ºA  contounos cousas das súas galiñas de Mos e ata nos trouxo uns ovos. 
Agora tamén temos un almanaque da selección galega de razas autóctonas!