Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

31/10/14


CELEBRANDO O SAMAÍN...

 

5º B no tempo de Samaín...

MAMASIÑA, QUE MEDO!

 Lectura dramatizada por Alejandro, Roberto, Nisrine, José Luis e Luisa dun fragmento de "Mamasiña, que medo" escrita por Chus Pereiro.


Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ao alcalde, ao garda de tráfico, ao cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda decontado porque, o pobriño, está doente. Axudará a bruxa Celidonia ao xigante papón? Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? Papará aos lectores desta obriña de teatro? Mamasiña, que medo! É unha obra de medo... para morrer de risa.