Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

18/12/13

O APALPADOR: SEMENTANDO ILUSIÓNS


 PARA TI, APALPADOR

Ao longo destes días fómoste coñecendo mellor: escoitamos contos, cantamos cantigas, fixemos murais, debuxos...
As nosas ilusións foron engordando coma a túa barriguiña, Apalpador.

AGARDÁMOSTE ESTE VENRES NO COLEXIO CON MOITO DEVEZO

APALPADOR: IMPRESIÓNS

" É unha figura mítica galega que baixa pola noite de Nadal apalpar a barriga aos nenos e deixarlles castañas e agasallos"
"Tamén se lle chama Pandigueiro ou Apalpabarrigas e vén das montañas do Caurel"
"Creo que é un home bastante xeneroso porque axuda aos nenos e nenas que non teñen que comer"
"A min gústame moito porque é típico de Galicia e como non temos outro personaxe galego de Nadal..."
 "Ë un personaxe galego que lles dá castañas aos nenos que non teñen nada"
"Gústame máis que o Papá Noel porque ademais de dar agasallos aos nenos axúdanos para non pasar fame"
"É interesante e gústame a súa barba"
"Gústame moito porque me parece divertido e é unha tradición que se está recuperando"
"A min faime graza a súa barba e a súa barriguiña gordiña"
 "Gústame porque trae castañas e regalos"
"Trae xoguetes de madeira e ten unha barba con moito pelo"
"Gústame porque é unha tradición galega"
"O Apalpador constrúe cousas de madeira para os nenos"
"O Apalpador vive e recolle castañas no Caurel"
"Vén polo Nadal apalparnos as barrigas"
"Déixanos agasallos pola casa se ceamos ben"

" O Apalpador trae castañas aos nenas e nenas galegas"
" É un pouco gordiño e vai polos bosques recollendo castañas para os nenos e nenas"
" O Apalpador leva un caxato na man e unha pipa"

Se ceas ben...


29/11/13

DESCUBRINDO O APALPADOR

Achegándonos ao tempo de Nadal queremos prepararnos para "a noite do apalpadoiro" a través da figura do Apalpador, un xigante carboeiro que vive nas montañas.


   
    Música:Javier Prado Espiñeira
    Letra: Cristina Corral Soilán



A Gentalha do Pichel

                     

LIM:  A NOITE DO APALPADOR
http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/2012/11/lim-noite-do-apalpador.html

22/10/13

OUTONANDO

Na pasarela das estacións, o chan vístese co traxe que lle prestan as árbores no outono.
Na pasarela das estacións, o chan vístese co traxe que lle prestan as árbores no outono
( Froitos aportados polas nenas e nenos de 1ºA)






COMEZAMOS...

Dende o ENLG dámosvos a benvida ao curso 2013-2014, ao mesmo tempo que vos agradecemos a vosa participación nas actividades do curso anterior. Contamos co voso traballo e ilusión. Ánimo!!

6/5/13

LETRAS GALEGAS 2013

Desde Rosalía de Castro( 1963) a Roberto Vidal Bolaño ( 2013), 50 anos celebrando o día das Letras Galegas.
Pon o teu gran , e...que dure "mil primaveras máis" , como pedía D. Álvaro Cunqueiro. 

Érguese o pano, comeza a función
 Autoría: CPI Os Dices ( Rois) 

E outro vídeo de homenaxe... Este con música pegadiza.

De Torre Branca Producións

 D

24/3/13

A Árbore e a Auga

  É tanto o que aportan as árbores para o medio natural en xeral e para a saúde dos humanos en particular, que convén dar un paso adiante e colaborar activamente na conservación e fomento dos protagonistas máis grandes do mundo vexetal.
A nosa axuda, xunto coa intervención das máxicas raioliñas de enerxía que lles envía o Sol  e maila intervención do imprescindible ditongo vital que é a auga, converterán un garabulliño bebé nun forte tronco leñoso que será acubillo do futuro; produtor de doces froitas que comemos e verdes folliñas que nos osixenan o ar.
Por todo iso que nos agasallan e porque estamos "Cos pés na terra": temos que querer plantar!
No noso centro plantamos un bidueiro e dous pradairos acariñados polas nosas palabras tornadas poesía.
 Veña, agora TI! E xa sabes: " Se queres podes plantar"





  POEMAS 5º A  DÍA DA ÁRBORE 






POEMAS 5ºB DÍA DA ÁRBORE


22/3/13

A MERLA E O LOBO 

Adaptación dun conto popular dramatizado por Javier, Yeymi e Selene coa dirección da profesora Mercedes. A música é o tema de Milesios que da título ao seu disco "Alén mar". Os decorados foron feitos polos nenos e nenas de 5º B. 




24/2/13

31/1/13

O ENDL ( Equipo de normalización e dinamización lingüística)creou este blogue, "Sempre en galego", para que vexades e esteades informados/as das distintas actividades que realizamos para fomentar o uso da nosa lingua. De seguro que moitos de vós estades desexando volver ver os calendarios que con tanto esforzo fixéstedes. Así que comezamos con esta actividade. Noraboa a todos/as!