Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

31/1/17

#miúdoparladoiro6

As nenas e os nenos de primeiro B están a falar nas súas asembleas sobre os seus animais favoritos.
Aquí tedes a exposición de Gisela Corujo. Abofé que este non ha ser o último #miúdoparladoiro.



30/1/17

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA: A botica das emocións




Co fin de traballar a educación emocional dentro da escola, creamos a botica das emocións. Nenas e nenos poderán acudir a ela cando o precisen para resolver algún conflito, identificar algunha sensación que teñan...
No Departamento de Orientación axudaráselles a expresalas, identificalas e xestionalas de forma saudable.
Os estados emocionais traballados son: aburrimento, alegría, amor, noxo, culpa, enfado, envexa, gratitude, ira, medo, rabia, soidade, tristeza, vergonza.
Co apoio do "Emocionario: Di o que sentes" aprenderemos a identificalas expresando o que sentimos.









DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA: Dá o que poidas, colle o que precises





Recuncho xeneroso e compartido onde deixamos e collemos desexos de Paz.