Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

21/3/22

Rosalía sempre viva I

 

 Estamos de parabéns!
O pasado 19 de marzo acudimos á fase final do certame poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María (preme para ler a noticia).
Celebramos o Día da Poesía nunha xornada de convivencia moi emocionante!
As nenas e nenos finalistas do colexio fixeron un recitado excelente. Deleitáronnos e emocionáronnos coas súas interpretacións.
Iago co poema "Rosas", "O carro" na voz de Lara , Adrián co poema "O chifre" e Carla co poema "A fala", todos eles de Manuel María.
Lara obtivo o premio na primeira categoría, Carla o premio na segunda  e Iago unha mención honorífica.
En hora boa a todas e todos! 
Deixamos nesta parte a Lara e a Carla. Gozade! 




(Foto e gravacións cedidas pola Casa-Museo Manuel María)
 


Día da Árbore, da Poesía e da Auga


 

9/3/22

8 de marzo, Día Internacional da Muller


Mulleres da nosa vida, Exeria, Frida Kahlo, Mulleres artesás da provincia de Lugo... Charlas e debates, música... todo isto e máis para celebrar o Día da Muller.
 





 
 
Deixamos aquí esta fermosa canción dedicada ás labregas do mar, as mariscadoras.


 

8/3/22

Día Internacional da Muller: encontro virtual


O camiño na túa casa!
O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou un encontro virtual con María Pardo, unha das creadoras do xogo de cartas "Ultreia". Ela e a súa compañeira, Gina, crearon este xogo para dar a coñecer a nosa cultura. Nesta baralla atoparemos albergues, monumentos, comida, tradicións, festas...e todo no Camiño de Santiago.
María foinos explicando como xurdiu a idea, os personaxes, como foi posible a súa comercialización, as regras de xogo...
Un xogo para compartir. Anímate! Coidado cos meigallos e as trasnadas! A pola túa credencial.
Moitas grazas, María e Gina!

3/3/22

Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva"


A Casa-Museo Manuel María convocou unha nova edición do concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva". Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María.

 

No colexio participamos con moita ilusión! Nenas e nenos mostráronnos o seu interese e sensibilidade por coñecer e recitar poesía.  

 

 

 

Vente, rapasa, Vamos bebendo, Mais ve que o meu corazón, Por que miña almiña, Adiós ríos, adiós fontes, Prá Habana, Unha vez tiven un cravo...de Rosalía.


 Rosas, O carro, Galicia, O chifre, Teatro de guiñol, A fala, O Sol, O cuco...de Manuel María.


 
Rematada a fase de centro fixemos entrega de diplomas.
Estamos cheos de ledicia. Por mil primaveras máis!