Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

29/2/16

#mobilizaRosalía


Estamos de parabéns... 

O pasado 27 de febreiro, os representantes do CEIP Menéndez Pelayo xunto coas súas familias e mestras acudiron á Casa- Museo Manuel María para participar no Concurso de recitado de poesía destinado ao alumnado de ensino non universitario sobre poemas de Rosalía e Manuel María.
Tanto o grupo formado por nenas e nenos de 3anosB con 3 nenas de 2ºA, como Alejandro de 4ºB e Lucía de 5ºB fixeron un recitado impecable, cheo de sentimento, co que emocionaron a todo o público alí congregado. Lucía obtivo o premio na categoría 2 co poema "Galicia" e os nenos e nenas de Infantil coas nenas de 2º, unha mención honorífica pola súa persoal interpretación de "O arco da vella".
En hora boa a todas e todos!!!