Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

24/2/23

MÚSICA MESTRE

Durante os meses de xaneiro e febreiro, todo o colexio participou no proxecto "Reciclaxe con Linguaxe", que consistiu na creación de instrumentos musicais con materiais reciclados.

A actividade impulsouse dende a aula de Música e foi voluntaria para 1º, 2º, 3º e 4º e obrigatoria para 5º e 6º. Ademais, as nenas e nenos tiveron que expoñer as súas creacións, utilizando a nosa lingua.

A implicación do alumnado e das familias (moitas e moitos precisaron dunha pequena axuda), foi tan boa, que puidemos montar unha preciosa exposición con, polo menos, 213 instrumentos e obxectos sonoros.

En hora boa á nosa rapazada!!

 

 

INSTRUMENTOS MUSICAIS

As familias de 6º de E. Infantil fixeron instrumentos musicais con material de reciclaxe. 

Moitas grazas pola vosa implicación e traballo.

Que soe a música!!




18/2/23

ENTROIDO 2023

 ENTROIDO CHOQUEIRO

Este ano apostamos pola sostibilidade e a tradición. 

Remexemos no armario e na casa,  deixamos voar a nosa imaxinación,  reutilizamos e creamos os nosos disfraces.

 

"Cada Entroido seu choqueiro"



O cigarrón, protagonista do Entroido de Verín (Ourense).

Durante a semana, todas e todos puidemos gozar deste personaxe e do seu marabilloso traxe artesanal. 

O traxe foi facilitado pola familia de Martín de 3 anos B. Moitísimas grazas!

O meco de SOGAMA foinos marcando a semana que rematou o venres cunha gran xuntanza de entroidos:

Choqueiras e choqueiros de E.Infantil facendo soar os seus instrumentos reciclados.

A clase fantástica da reciclaxe de 1ºA e Os pequeliqueiros e pequeliqueiras de 1ºB.

Faltriqueiras e faltriqueiros de 2ºA e Choqueiros de 2ºB.

Trouleiros e trouleiras de 3ºA, Caveiras multicolores de 3º B e Os incribles de 3º C.

Estrelas explosivas de 4ºA e Cuarto empatía de 4º B.

Os brillantes choqueiros de 5º A, Camiñantes do Miño de 5º B e As Irmandades da Fala de 5º C.

O Entroido en pixama de 6º A e Os xubilados e xubiladas de 6º B.

Daniela, Bruno, Carla e Tiago de 6º foron os encargados de presentar os actos. Dámoslles as grazas polo seu bo facer.

Foi moi divertido. Gozamos moito!

Agradecemos inmensamente o traballo realizado a todas as familias. Sen vós non sería posible!