Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

21/3/20

GaliciaLe

Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar. En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico. 

21 de marzo, Día da Árbore e da Poesía

20/3/20

20 de marzo, Día Mundial da Narración Oral

A todas as persoas nos gusta contar e escoitar historias. É coma unha necesidade que levamos dentro. Podemos celebrar o día cos nosos maiores, grandes contadoras e contadores. Ímonos poñer en contacto, seguro que nos están agardando cunha marabillosa historia. 
Deixamos aquí este conto que nos vén da man do Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega). Uns contos que comparten con nós para levar mellor o #euquedonacasa. Sígueos na súa canle!

16/3/20

PiEFcitos con nós!

Nestes días tócanos ser pacientes e colaborar. Necesitámonos!! Responsabilidade social.

6/3/20

FAMILIAS CONTADORAS: LIFE Lugo+Biodinámico

Divina Vázquez Varela, nai de Daniel de 2º B e membro do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Lugo, xunto con outras compañeiras e compañeiros do equipo de investigación, tiveron a amabilidade de facilitarnos esta actividade de divulgación sobre as accións que se están desenvolvendo dentro do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, todas elas encamiñadas á adaptación ao cambio climático. Este proxecto, coordinado polo concello de Lugo, realízase no polígono industrial das Gándaras.
Alumnado e profesorado de 1º, 2º, 3º e 4º asistiron a estas interesantes charlas. Moitas grazas!