Boas vacacións a todas e todos!
semprengalego
Datos persoais

- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
22/6/22
Fin de curso 2021/22. Lume de San Xoán
21/6/22
Escornabot Peregrino
- Busca de información sobre o Camiño Primitivo para a elaboración de preguntas.
- Busca de información sobre as regras do xogo da Oca e adaptación ao xogo que eles ían crear.
- Realización de debuxos para incluír no taboleiro (escornabot peregrino, albergue, hospital, chegada a Santiago...).
- Realización do taboleiro adaptado ao escornabot para o que tiveron que medir, dividir o taboleiro en cadriños de 10 cm x 10 cm, distribuír as casiñas....
- Realización de cartas con preguntas sobre o Camiño de Santiago.
- Iniciación na creación e uso do escornabot.
- Tamén se realizaron os dados cunha impresora 3D.
17/6/22
CAMIÑO PRIMITIVO. Todos os camiños levan a Compostela
Folleto informativo bilingüe
O alumnado de 4º de Primaria realizou este folleto galego-inglés sobre o Camiño Primitivo de Santiago en Galiza.
Inclúe ilustracións e mapas dos puntos máis salientables de cada unha das 8 etapas, recomendacións de lugares para visitar, cousas que facer e consellos útiles para as peregrinas e peregrinos antes de iniciarse no camiño.
O EDLG colaborou con Sección Bilingües na súa elaboración.
Un gran traballo!
11/6/22
Lugo no camiño. Camiño Primitivo
22/5/22
Letras Galegas 2022. Macrofoliada
En clave inclusiva, derrubando barreiras, sen fronteiras, desde a tradición e a literatura desenvolvéronse os actos de celebración das Letras Galegas 2022 no colexio.
Cantigas como "Pan de millo" de Migallas, "Este olliño pimpilín" nas voces do alumnado de 3 anos e 4 anos A, outra dos Maios con percusión de paus interpretada polos nenos e nenas de 4 anos B. "O cuco", poesía musicada de Manuel María, cantárona as nenas e nenos de 5 anos.
Recitados individuais, en pequeno e gran grupo desde 1º ata 5º de Primaria da obra de Rosalía de Castro, de Manuel María e, por suposto, do autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán foron todo un pracer para os nosos sentidos.
En homenaxe ás tres pandeireteiras que demostraron que non hai fronteiras para a lingua galega todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria interpretou Terra de Tanxugueiras con pictogramas e cunha coreografía baseada no baile tradicional. 4º, 5º e 6º de Primaria fíxoa con lingua de signos e baile.
O alumnado de 6º preparou para a ocasión unha emotiva presentación. Lúa e Iván de 6ºA e Iria e Brais de 6ºB conduciron a celebración maxistralmente. Nela mostráronnos un percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado, rememoraron as súas propias vivencias no cole, faláronnos de palabras do ano, de inclusión...de morriña, de ilusión, de pasado e de futuro.
Todo acompañado de música tradicional, rematando os actos co noso himno.
O entusiasmo, interese e entrega foi xeneralizado. Unha celebración cargada de emotividade e de galego!
20/5/22
Recanto das Letras
Esta actividade tivo como obxectivo o fomento da escrita en lingua galega e a relación entre niveis e/ou etapas mediante o intercambio dos textos producidos.
Como punto de partida, de motivación ou animación á escrita resumíronse as 59 biografías das autoras e autores homenaxeados polo Día das Letras Galegas. Estas biografías puxéronse a disposición das titorías dentro dunha caixa do correo feita para tal fin. A outra, de maior tamaño, albergou os textos que cada nivel foi escribindo, textos variados que compartiron con outros niveis. Una actividade moi motivadora e enriquecedora.
11/5/22
TRADICIÓNS: Os Maios
Celebración de orixe ancestral na que honramos á natureza mesma e á fertilidade da terra.
Os Maios véñense celebrando en toda Europa e en distintos lugares do mundo ao longo da historia. En Galicia hai distintos tipos de celebracion da festa dos Maios, pensamos que a máis antiga é a dos Maios vivos ou Maio mozo que se conserva en varios lugares da provincia de Lugo. As mozas e os mozos engalánanse coma árbores viventes.
No colexio celebramos a primavera co Maio construído polas nenas e nenos de E.Infantil.
Despois da recolleita, coas súas familias, de xestas, uces, carrascos, piñas, calas, margaridas, pampillos, rosas, camelias, flores de bieiteiro, froitas...e outros adornos foron dándolle forma e cor. Moi lucido e fermoso!
Para acompañalo as nenas e nenos de 3 anos cantaron a cantiga "Pan de millo" de Migallas, os de 4 anos A "Este olliño pimpilín" e outra dos Maios con percusión de paus en 4 anos B e "O cuco", poesía musicada de Manuel María, fixérona as e os de 5 anos. Experimentamos e gozamos moito!
"AÍ VÉN O MAIO DE FLORES CUBERTO..."
(Manuel Curros Enríquez)