Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

24/3/24

Cachopúas

 

Querid@s nenos e nenas:

Estou moi contento con todas as receitas que recibín😃. Creo que vou facer un receitario con todas elas e deixalo na biblioteca. Teño que pensar como clasificalas porque na Casiña do Maxín había de todo: primeiros pratos, segundos pratos, sobremesas... e de moitos países! Descubrín unha chea de ingredientes, sabores e elaboracións novas. Tamén sei que colaboraron moito na casa polo que estou aínda máis contento e desde aquí envío as grazas a todas as familias participantes.


Agardo que todas e todos gozarades moito con esta actividade en familia. Eu estou máis alegre que un cuco! ( Por certo...entre marzo e abril o cuco ha de vir).

Saudiños e ata a próxima aventura literaria!

















16/3/24

Encontro con Antía Yáñez

Durante este trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo lendo Plan de rescate de Antía Yáñez e coñecendo a autora. O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, foi Premio Agustín Fernández Paz á igualdade.

Diversidade, intriga, acción, humor, retranca...unha historia para tomar conciencia, aprender e rir.


Onte,15 de marzo, recibimos no centro a visita de Antía. A autora falounos da importancia das palabras e tamén  das personaxes e da trama. Despois abriuse unha animada rolda de preguntas e suxestións: escribir unha 2ª parte que teña como espazo outro país ou o noso colexio, engadir outros personaxes...entre outras.

Antía díxonos que para escribir hai que ler moito e que a ela lle gustaría vivir dos libros, da literatura. 

Nenas de 6ºB crearon un mural para ela con moita ilusión e ao final asinounos algúns libros. 

Moitas grazas Antía polo que nos transmitiches e pola túa amabilidade.



1/3/24

Día de Rosalía2024


Libros, poesía, flores, cancións, debuxos...arte infantil para homenaxear a nosa autora máis ilustre.