Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

24/11/15

SAÍDA A ROMEÁN

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha saída a Romeán, demos un pequeno paseo, observamos as árbores autóctonas e recollemos froitos e follas.

14/11/15

MITOS E LENDAS DA NOSA PRIMEIRA HISTORIA
Conferencia de Felipe Arias


 

ROSCO DE PASAPALABRA FEITO POR ISMAEL, JOSÉ MANUEL, NURIA E NEREA 


11/9/15

2015/2016

Benvida, Comunidade Escolar do CEIP Menéndez Pelayo! Bo curso para todas e todos. Comezamos coa escoita deste poema de Manuel María: "A fala"

19/6/15

DESPEDIMOS O CURSO. XOGOS POPULARES

Despedindo o curso 2014/2015 con xogos : á roda, con cadeiras, á zapatilla por detrás, con paracaídas, con pelota, carreiras de sacos, circuíto de saltos....
 Entrega de diplomas ás gañadoras e gañadores do certame de debuxo e poesía Letras Galegas 2015 , amenizada coas pezas musicais galegas que dous alumnos,  Rut e Suso, nos tocaron.
Desexamos boas vacacións a toda a Comunidade Educativa!!


CERTAME DE DEBUXO E POESÍA LETRAS GALEGAS

26/5/15

Nós tamén creamos!: "A viaxe das bolboretas"

Curtametraxe de animación presentada a concurso dentro do programa Nós tamén creamos!.
A curta realizouse coa participación de alumnado e profesorado das titorías de 3 anosB, 5anos A e 5 anosB. Toda unha experiencia!!

15/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas fixemos unha chea de actividades.



VISITA DE PACO MARTÍN


 Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en LUGO o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.
Neste día que festexamos as nosas letras, achégase ao noso colexio para falarnos das súa vida como escritor e mestre e aclarar as nosas dúbidas sobre dúas das súas obras: " Das cousas de Ramón Lamote" e "A rula, o peluche e a nena"








Paco Martín falando con 5º e 6º




"A rula, o peluche e a nena" PACO MARTÍN





 

23/4/15

FAMILIAS CONTADORAS: Elaboración do pan

Miguel Fernández e Belén Díaz viñéronnos contar o proceso de elaboración do pan. Todo o alumnado de 1º e 2º participou activamente.
Unha grata e saborosa experiencia.Moitas grazas!




16/2/15

CERTAME DE HAIKUS DE AMOR ILUSTRADOS EN LINGUA GALEGA

ENTREGA DE PREMIOS POLO DIRECTOR DO COLEXIO.



RECITADO DOS GAÑADORES DO CERTAME




OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B RECITAN UNHA POESÍA DO LIBRO "RIMAS CON LETRAS " DE GLORIA SÁNCHEZ


12/2/15

PERCORRIDO POLO ENTROIDO GALEGO

Boteiro de Viana do Bolo ( Ourense).Nenas e nenos de 3º
Boteiro de Vilariño de Conso (Ourense).Nenas e nenos de 3º
Pantallas de Xinzo de Limia ( Ourense).Nenas e nenos de 1º e 3º
Entroido galego
Peliqueiros de Laza ( Ourense).Nenas e nenos de 2º
Cigarróns de Verín (Ourense).Nenas e nenos de 1º