Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

18/12/13

O APALPADOR: SEMENTANDO ILUSIÓNS


 PARA TI, APALPADOR

Ao longo destes días fómoste coñecendo mellor: escoitamos contos, cantamos cantigas, fixemos murais, debuxos...
As nosas ilusións foron engordando coma a túa barriguiña, Apalpador.

AGARDÁMOSTE ESTE VENRES NO COLEXIO CON MOITO DEVEZO

APALPADOR: IMPRESIÓNS

" É unha figura mítica galega que baixa pola noite de Nadal apalpar a barriga aos nenos e deixarlles castañas e agasallos"
"Tamén se lle chama Pandigueiro ou Apalpabarrigas e vén das montañas do Caurel"
"Creo que é un home bastante xeneroso porque axuda aos nenos e nenas que non teñen que comer"
"A min gústame moito porque é típico de Galicia e como non temos outro personaxe galego de Nadal..."
 "Ë un personaxe galego que lles dá castañas aos nenos que non teñen nada"
"Gústame máis que o Papá Noel porque ademais de dar agasallos aos nenos axúdanos para non pasar fame"
"É interesante e gústame a súa barba"
"Gústame moito porque me parece divertido e é unha tradición que se está recuperando"
"A min faime graza a súa barba e a súa barriguiña gordiña"
 "Gústame porque trae castañas e regalos"
"Trae xoguetes de madeira e ten unha barba con moito pelo"
"Gústame porque é unha tradición galega"
"O Apalpador constrúe cousas de madeira para os nenos"
"O Apalpador vive e recolle castañas no Caurel"
"Vén polo Nadal apalparnos as barrigas"
"Déixanos agasallos pola casa se ceamos ben"

" O Apalpador trae castañas aos nenas e nenas galegas"
" É un pouco gordiño e vai polos bosques recollendo castañas para os nenos e nenas"
" O Apalpador leva un caxato na man e unha pipa"

Se ceas ben...