Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

24/11/18

FAMILIAS CONTADORAS: O mar

Fabián e José Basilio Otero Rodríguez, pai e padriño de Saúl e de David, faláronnos do mar en dúas interesantes charlas divulgativas. As confrarías da Mariña, como medir os peixes, cando comelos, a conservación do mar e das praias, novas palabras (chicote, cabo, babor, estribor...) entre outros temas. Ata nos atrevemos cos nós mariñeiros! Moitas grazas.


23/11/18

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres



A comunidade educativa do CEIP Menéndez Pelayo berra un rotundo NON a calquera tipo de violencia: contra as mulleres, contra os nenos, contra os fuxidos do seus países, contra o medio...




17/11/18

HOMENAXE Á CASTAÑA co CEIP Casás


O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º gozou hoxe coas nenas e nenos do CEIP Casás acompañados do su titor, Anxo. Unha homenaxe á castaña en " Unha raíña destronada". A castaña foi a raíña da nosa cociña, ata que...chegou a pataca!! Emporiso os soutos e os leais ourizos seguen anunciando a súa chegada cada outono. Celebra o magosto!
(Se queres saber máis da castaña) 




13/11/18

CONCERTO DE OUTONO

Os nenos e nenas de 3 anos acompañaron con instrumentos de percusión a canción O TÍO TIMOTEO de Mamá Cabra.




12/11/18

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

O alumnado de 4º A e B realizou un obradoiro de ilustración con Sabela Díaz. A ilustradora, acompañada de Castaña, Landra, Pinga e Lontra, foinos introducindo no mundo da banda deseñada a través dunha temática ambiental de vital importancia: a contaminación da auga.