Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

11/12/19

Contos pola Igualdade con Paula Carballeira


O alumnado de Educación Infantil gozou activamente dunha contada con Paula Carballeira. Dous contos, baseados na procura da liberdade e da perseveranza da muller, fixeron as delicias dun público totalmente entregado.










27/11/19

Contos pola Igualdade con Ana Carreira

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º gozou e participou activamente da contada "Eu non quero" con Ana Carreira. Con ela enchemos o escenario de imaxinación e de personaxes de conto que nos foron levando polas historias. A igualdade de xénero foi, en esencia, o valor a transmitir.

9/11/19

OBRADOIRO-CLASE CO IES PEDREGAL DE IRIMIA ( MEIRA)

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Pedregal de Irimia acompañado de Sofía, a súa profesora de Bioloxía, visitou o noso centro para ofrecernos un interesante obradorio sobre plantas autóctonas galegas. As nenas e nenos de 4º e 5º de E. Primaria puideron ver e tocar follas, sementes e froitos; ao tempo que ían escoitando as explicacións dadas pola profesora e polas rapazas e rapaces, creándose un ambiente de proximidade e curiosidade recíproco. Moitas grazas!

17/10/19

SAMAÍN...MIRA QUE DIN!

Prepárate para celebrar o Samaín, talla a túa cabaza ata ver unha caveira.

Velaquí tamén! 

Convidámoste tamén a coñecer o Sacaúntos, un ser no que non sabemos se crer ou non crer. Un coco que nos vixía e asusta. Quererá sacarnos o unto?
Veña, non deixes de imaxinar!!



28/9/19

10/9/19

BENVIDA 2019/20


Arrancamos un curso máis con moita ilusión. Agardamos sexa frutuoso para todas e todos!
Paisaxes verdes de abraio, diminutas, inmensas...ocuparannos!!

 

Uxía Lambona e a Banda Molona - Verdescente

27/6/19

O CASAMENTO DA PULGA

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A INTERPRETARON O CASAMENTO DA PULGA RECOLLIDO NO CANCIONEIRO DE COTOBADE POR ANTONIO FRAGUAS.

16/5/19

LETRAS GALEGAS CON MARICA CAMPO

A lectura de Unha misión para Clara deunos pé para escoitar e falar de diversos temas con Marica. De igualdade, de evolución da especie humana, de literatura, de lectura...Da importancia de conservar o noso, a nosa Lingua, a natureza...Un pracer!

2/5/19

PALABRAS E SONS QUE FALAN AUGA


Os nenos e nenas de 4º A e 4º B recrean os sons da choiva e a continuación definen palabras que falan auga diante dun público moi atento á explicación, 2º A e 3º B.


13/4/19

ÁRBORE E AUGA

"Árbore e Auga", palabras cheas de vida. A natureza fálanos e as nenas e os nenos tamén (continuará...).

23/3/19

FAMILIAS CONTADORAS: DÍA MUNDIAL DA AUGA


Moncho Parga Valiña, axente medioambiental e pai de Iván de 4ºB, acompañou a Jesús Latas Zavala, biólogo da Xunta de Galicia, nunha interesante charla sobre os nosos ríos. O alumnado de 5º e 6º escoitou e participou de aspectos como: especies que os habitan, problemas que teñen, posibles actuacións...Moitas grazas!



22/3/19

DÍA DA AUGA, DA ÁRBORE E DA POESÍA

Hoxe saímos ao patio para plantar o noso bidueiro. Poemas e cantos dirixidos á auga, ás árbores, á natureza...adobiaron o acto. 




17/3/19

TAREIXA CAMPO

TAREIXA CAMPO VEU AO COLEXIO PARA EXPLICARNOS OS XOGOS DOS NOSOS AVÓS E AVOAS. QUE DIVERTIDO!!!!!!!



2/3/19

ENTROIDO 2019



Que será que cando chega
 cunha ledicia sen par, 
 a xente tápase a cara
 e logo ponse a bailar?
O ENTROIDO!!! 

 Chegou o Entroido ao colexio, este ano de carácter reivindicativo.  

 POEMA 
O mar está en perigo
 e por iso cho digo, amigo. 
O mar está enfermo
 e somos o medicamento. 
Se entre todos o coidamos 
en bo estado o deixamos.



20/2/19

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA CO CEIP CASÁS

Hoxe o alumnado de E. Infantil, 1º e 2º desfrutou coa visita das nenas e dos nenos de 3º e 4º do CEIP Casás acompañados dos seus titores, Moncho e Anxo. O alumnado de 4º representou "As cores da Paz" e seguidamente os de 3º "Colorín colorado, esta guerra está rematada". Con elas e eles vimos a Paz dun xeito multicolor, a través do significado das cores do arco da vella, do respecto ás diferenzas e en igualdade. Moitísimas grazas!