Estamos de parabéns!
O pasado 19 de marzo acudimos á fase final do certame poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María (preme para ler a noticia).
Celebramos o Día da Poesía nunha xornada de convivencia moi emocionante!
As nenas e nenos finalistas do colexio fixeron un recitado excelente. Deleitáronnos e emocionáronnos coas súas interpretacións.
Iago co poema "Rosas", "O carro" na voz de Lara , Adrián co poema "O chifre" e Carla co poema "A fala", todos eles de Manuel María.
Lara obtivo o premio na primeira categoría, Carla o premio na segunda e Iago unha mención honorífica.
En hora boa a todas e todos!
Lara obtivo o premio na primeira categoría, Carla o premio na segunda e Iago unha mención honorífica.
En hora boa a todas e todos!
Deixamos nesta parte a Lara e a Carla. Gozade!
(Foto e gravacións cedidas pola Casa-Museo Manuel María)
No hay comentarios:
Publicar un comentario