A Casa-Museo Manuel María convocou unha nova edición do concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva". Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María.
No colexio participamos con moita ilusión! Nenas e nenos mostráronnos o seu
interese e sensibilidade por coñecer e recitar poesía.
Vente, rapasa, Vamos bebendo, Mais ve que o meu corazón, Por que miña almiña, Adiós ríos, adiós fontes, Prá Habana, Unha vez tiven un cravo...de Rosalía.
Rosas, O carro, Galicia, O chifre, Teatro de guiñol, A fala, O Sol, O cuco...de Manuel María.
Rematada a fase de centro fixemos entrega de diplomas.
Estamos cheos de ledicia. Por mil primaveras máis!
Estamos cheos de ledicia. Por mil primaveras máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario