Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

13/11/23

Outono. Magosto.

Neste tempo que levamos de curso todo o alumnado e o profesorado do centro traballou conxuntamente para coñecer máis sobre o outono e os seus froitos e cores, o Samaín e o Magosto. O resultado foi unha amálgama de arte e coñecementos que se espallou polas aulas e polos corredores, tinguindo o colexio das cores e dos aromas desta estación.
Grazas a todas e todos polo traballo conxunto!


Ourizos literarios 3ºB
Traballos 5ºA


Refráns 3ºB

11/11/23

Samaín

E.Infantil
Para celebrar o Samaín realizamos en todo o centro actividades variadas.
As vasoiras da bruxa foron creadas nas titorías a criterio de cada meiga/o a partires de xestas e outros materiais e co seu propio feitizo. En E.Infantil elaborouse un mural colaborativo.


Aparcadoiro de vasoiras


10/9/23

Benvida curso 2023/24

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos a benvida a este novo curso escolar, no que seguiremos contando coa axuda de Cachopúas. O noso ourizo volve das súas viaxes cargado de historias para animarnos na nosa aventura de aprendizaxe, e con novas propostas para meter na súa casiña.

As actividades deste Equipo estarán estritamente vinculadas ás da Biblioteca Escolar e, cando se presten, tamén a outras dinamizacións.

Comecemos con bo pé!

Animádesvos a bailar? E a viaxar?

20/6/23

E. Infantil. Saídas curso 2022/23

 

Durante o curso 2022/23 o alumnado de E. Infantil realizou varias saídas e visitas:

  • Exposición: "Indómitas. Historias que abren camiños."
  • "Feo!" Espectáculo infantil
  • Aldea das Formigas en San Clodio (Outeiro de Rei)
  • Parque ornitolóxico Avifauna en Bravos (Outeiro de Rei)
  • Parque zoolóxico Marcelle Natureza en San Martín de Guillar (Outeiro de Rei)
  • Castro de Viladonga no municipio de Castro de Rei
  • Museo Provincial, Muralla e Concello de Lugo


 

 


 

5/6/23

A Casiña do Maxín e Cachopúas


Remata xa este curso no que coñecemos a un novo compañeiro: Cachopúas, un ourizo que veu vivir ao colexio para animarnos a escribir en galego.

Pasámolo moi ben coas súas cartas e cos seus escritos e, finalmente Cachopúas decidiu premiar a algúns nenos e nenas que se esmeraron de maneira especial nos seus traballos. Os premios realizáronse en colaboración con Polos Creativos.

As nenas e nenos de E.Infantil fixeron un traballo cooperativo marabilloso e, en Primaria, houbo unha gran participación con cartas, cómics, contos, poemas...


Agora Cachopúas marcha de vacacións e despídese ata o curso que vén. Virá cargado de sorpresas! Con el estará, coma sempre, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, que dende aquí, agradece o traballo feito e tamén se despide ata o vindeiro curso con moito agarimo.

 



 


26/5/23

Os Maios


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a festa dos Maios. Cantamos e bailamos acompañados de instrumentos de percusión.

Grazas ás familias pola súa colaboración.

22/5/23

Letras Galegas 2023 : O son que me arrola

O alumnado de E. Infantil participou nun percorrido pola música tradicional coa actividade "O son que me arrola", levada a cabo pola Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy.

Cantaron, tocaron e bailaron e para rematar fixeron un instrumento de percusión.