Remata xa este curso no que coñecemos a un novo compañeiro: Cachopúas, un ourizo que veu vivir ao colexio para animarnos a escribir en galego.
Pasámolo moi ben coas súas cartas e cos seus escritos e, finalmente Cachopúas decidiu premiar a algúns nenos e nenas que se esmeraron de maneira especial nos seus traballos. Os premios realizáronse en colaboración con Polos Creativos.
As nenas e nenos de E.Infantil fixeron un traballo cooperativo marabilloso e, en Primaria, houbo unha gran participación con cartas, cómics, contos, poemas...
Agora Cachopúas marcha de vacacións e despídese ata o curso que vén. Virá cargado de sorpresas! Con el estará, coma sempre, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, que dende aquí, agradece o traballo feito e tamén se despide ata o vindeiro curso con moito agarimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario