Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

4/5/22

XXI Rebumbio Matemático 2022

Estamos de parabéns!

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocou por 21ª vez esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver son variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.´

O colexio participou con dous equipos, un por cada clase de 6º. Despois dun período de traballo nas aulas acudiuse á convocatoria no Círculo das Artes. No día de onte recibimos a boa nova, un dos nosos equipos foi seleccionado para a fase final que será o 27 de maio na Facultade de Ciencias da Educación en A Coruña. 

En hora boa para Os Problemáticos de 6ºB!

https://www.agapema.org/images/Rebumbio/Rebumbio_2022_Listaxe_Final.pdf


25/4/22

Día do Libro: O Camiño dos Libros

 

O Camiño dos Libros lévanos desde a biblioteca do centro cara aos corredores e por cada chanzo das escaleiras. Neste camiño atopamos os libros que cada nena e cada neno soña, le, goza, adora...



7/4/22

A viaxe de Exeria

O alumnado de 6ºB fixemos unha curta sobre as viaxes de Exeria utilizando unha webcam e a aplicación Cloud Stop Motion.
O primeiro que fixemos foi o texto. A medida que se ía facendo o texto, íanse asignando os diferentes escenarios e personaxes.
Tamén escollemos a música, puxémoslle o audio e fixemos a montaxe.
Os escenarios están realizados por: Miriam e Nahia, Noa B, Xavier, Kirian, Pablo, André, Raúl e Noa L .
Todos se inspiraron en imaxes de Internet . 
Os personaxes están feitos por: Alexander, Adriana, Anxo F, Silvia, Iria F, Lúa e Miriam . Tamén se inspiraron en imaxes buscadas en Internet.
A música foi escollida por: Victor, Samuel, Brais V e Anxo L . A música extraérona da páxina Free Music e polo tanto pódese compartir.
A montaxe está feita por: Noa B, Iria M e Candela. A montaxe consta de 175 fotogramas.
O texto está realizado por: Mario, Iria M e Candela. Sacamos a información de diversas fontes atopadas en Internet.
Finalmente púxolle voz ao noso traballo a nosa compañeira: Iria M.
Este texto está escrito no blog por: Candela, Iria M, Miriam e Adriana.
Grazas por ver!
 

 
 
 







25/3/22

21/3/22

Rosalía sempre viva I

 

 Estamos de parabéns!
O pasado 19 de marzo acudimos á fase final do certame poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María (preme para ler a noticia).
Celebramos o Día da Poesía nunha xornada de convivencia moi emocionante!
As nenas e nenos finalistas do colexio fixeron un recitado excelente. Deleitáronnos e emocionáronnos coas súas interpretacións.
Iago co poema "Rosas", "O carro" na voz de Lara , Adrián co poema "O chifre" e Carla co poema "A fala", todos eles de Manuel María.
Lara obtivo o premio na primeira categoría, Carla o premio na segunda  e Iago unha mención honorífica.
En hora boa a todas e todos! 
Deixamos nesta parte a Lara e a Carla. Gozade! 




(Foto e gravacións cedidas pola Casa-Museo Manuel María)
 


Día da Árbore, da Poesía e da Auga


 

9/3/22

8 de marzo, Día Internacional da Muller


Mulleres da nosa vida, Exeria, Frida Kahlo, Mulleres artesás da provincia de Lugo... Charlas e debates, música... todo isto e máis para celebrar o Día da Muller.
 





 
 
Deixamos aquí esta fermosa canción dedicada ás labregas do mar, as mariscadoras.