Durante este trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo lendo Plan de rescate de Antía Yáñez e coñecendo a autora. O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, foi Premio Agustín Fernández Paz á igualdade.
Diversidade, intriga, acción, humor, retranca...unha historia para tomar conciencia, aprender e rir.
Onte,15 de marzo, recibimos no centro a visita de Antía. A autora falounos da importancia das palabras e tamén das personaxes e da trama. Despois abriuse unha animada rolda de preguntas e suxestións: escribir unha 2ª parte que teña como espazo outro país ou o noso colexio, engadir outros personaxes...entre outras.
Antía díxonos que para escribir hai que ler moito e que a ela lle gustaría vivir dos libros, da literatura.
Nenas de 6ºB crearon un mural para ela con moita ilusión e ao final asinounos algúns libros.
Moitas grazas Antía polo que nos transmitiches e pola túa amabilidade.




No hay comentarios:
Publicar un comentario