ENTROIDO CHOQUEIRO
Este ano apostamos pola sostibilidade e a tradición.
Remexemos no armario e na casa, deixamos voar a nosa imaxinación, reutilizamos e creamos os nosos disfraces.
"Cada Entroido seu choqueiro"
O cigarrón, protagonista do Entroido de Verín (Ourense).
Durante a semana, todas e todos puidemos gozar deste personaxe e do seu marabilloso traxe artesanal.
O traxe foi facilitado pola familia de Martín de 3 anos B. Moitísimas grazas!
O meco de SOGAMA foinos marcando a semana que rematou o venres cunha gran xuntanza de entroidos:
Choqueiras e choqueiros de E.Infantil facendo soar os seus instrumentos reciclados.
A clase fantástica da reciclaxe de 1ºA e Os pequeliqueiros e pequeliqueiras de 1ºB.
Faltriqueiras e faltriqueiros de 2ºA e Choqueiros de 2ºB.
Trouleiros e trouleiras de 3ºA, Caveiras multicolores de 3º B e Os incribles de 3º C.
Estrelas explosivas de 4ºA e Cuarto empatía de 4º B.
Os brillantes choqueiros de 5º A, Camiñantes do Miño de 5º B e As Irmandades da Fala de 5º C.
O Entroido en pixama de 6º A e Os xubilados e xubiladas de 6º B.
Daniela, Bruno, Carla e Tiago de 6º foron os encargados de presentar os actos. Dámoslles as grazas polo seu bo facer.
Foi moi divertido. Gozamos moito!
Agradecemos inmensamente o traballo realizado a todas as familias. Sen vós non sería posible!
No hay comentarios:
Publicar un comentario