Todas as portas do centro foron engalanadas para o Nadal. Foi unha actividade moi interesante, pois todos nos afanamos en facer os mellores adobíos, as mellores nadaliñas... con deseños propios.
Con elas felicitamos ás familias.
Todas as portas do centro foron engalanadas para o Nadal. Foi unha actividade moi interesante, pois todos nos afanamos en facer os mellores adobíos, as mellores nadaliñas... con deseños propios.
Con elas felicitamos ás familias.
Todo o centro participou na decoración e realización de bólas de Nadal. Diferentes e moi creativas, pero todas cun denominador común: un motivo relacionado con Galicia por un lado, e outro relacionado coa lingua ou cultura inglesa polo outro.
Deixamos aquí unhas poucas!
Por outra banda e en Polos Creativos realizáronse bólas identificadoras de cada nivel, ademais dunha moi especial en homenaxe ao noso ourizo Cachopúas e co que a nosa Apalpadora e o noso Papá Noel agasallaron o Nadal a todas as nenas e nenos do colexio.
![]() |
6ºB |
O venres, día 1 de decembro, todo o alumnado do centro participou na xornada de xogos populares e tradicionais dirixida pola asociación cultural XOTRAMU.
Unha xornada lúdica, relaxante e interesante na que todas e todos participamos.
Moitas grazas!
Deixamos ligazón á "Guía de recursos sobre o patrimonio lúdico galego"
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos a benvida a este novo curso escolar, no que seguiremos contando coa axuda de Cachopúas. O noso ourizo volve das súas viaxes cargado de historias para animarnos na nosa aventura de aprendizaxe, e con novas propostas para meter na súa casiña.
As actividades deste Equipo estarán estritamente vinculadas ás da Biblioteca Escolar e, cando se presten, tamén a outras dinamizacións.
Comecemos con bo pé!
Animádesvos a bailar? E a viaxar?
Durante o curso 2022/23 o alumnado de E. Infantil realizou varias saídas e visitas:
Pasámolo moi ben coas súas cartas e cos seus escritos e, finalmente Cachopúas decidiu premiar a algúns nenos e nenas que se esmeraron de maneira especial nos seus traballos. Os premios realizáronse en colaboración con Polos Creativos.
As nenas e nenos de E.Infantil fixeron un traballo cooperativo marabilloso e, en Primaria, houbo unha gran participación con cartas, cómics, contos, poemas...
Agora Cachopúas marcha de vacacións e despídese ata o curso que vén. Virá cargado de sorpresas! Con el estará, coma sempre, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, que dende aquí, agradece o traballo feito e tamén se despide ata o vindeiro curso con moito agarimo.
Grazas ás familias pola súa colaboración.
O alumnado de E. Infantil participou nun percorrido pola música tradicional coa actividade "O son que me arrola", levada a cabo pola Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy.
Cantaron, tocaron e bailaron e para rematar fixeron un instrumento de percusión.
O martes todo o alumnado do centro escoitou, cantou e bailou coas nenas e nenos de 3º: "O esqueleto" de Migallas, "Prefiro bailar twist" de Manuel Manquiña e "O carro", poema de Manuel María interpretado por Treixadura.
Seguimos con CONCIENCIÁMONOS, poesía desta vez creada, presentada e recitada polas nenas e nenos de 4º A a todo o alumnado de E. Primaria.