Todo o alumnado do centro participou na andaina por un tramo urbano da 5ª etapa Lugo-San Román da Retorta do Camiño Primitivo.
As e os máis pequenos, E.Infantil, primeiros e segundos de E. Primaria baixaron en autobús ata a zona verde á beira do río Miño, facenso uso do Pazo de Feiras e Congresos.
De 3º a 6º completaron a pé o traxecto que atravesa a cidade, concretamente desde Porta Miñá ata o río Miño. Recibiron o seu correspondente "Lazarillo", unha acreditación que se entrega a aquelas peregrinas e peregrinos que fagan unha parada na capela de San Lázaro.
Agradecemos á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo a súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario