O alumnado de 6º de Primaria realizou un obradoiro de prensa no
que Nós Diario foi o protagonista.
Hoxe tiveron unha xornada virtual con
Xesús Piñeiro, xornalista e subdirector deste periódico.
Xesús explicou como é o día a día na redacción do xornal, quen traballa nela, que fan, como chegar a unha noticia, como funciona o "trello"...
Ao mesmo tempo que visitaron virtualmente a redacción falaron con outras persoas do equipo de Nós Diario (edición, maquetación, redacción). O encontro rematou cunha quenda de preguntas que aclararon as nosas dúbidas.
Grazas Nós Diario! Lémonos!
"A cabeza dunha/dun xornalista traballa as 24 horas do día!" |
No hay comentarios:
Publicar un comentario