Datos persoais
- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
20/12/21
16/12/21
Palabra do Ano 2021, as Voces de 6ºB
O Portal das Palabras vén de publicar as cinco palabras finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2021, campaña posta en marcha no 2014 consistente en elixir de forma colectiva, coas nosas suxestións, o termo que mellor pode resumir o acontecido durante o ano.
O alumnado de 6ºB sumouse facendo a súas propostas, 23 voces que para elas e eles resumen o vivido durante o 2021: palabras relacionadas coa pandemia da Covid-19 e con necesidades humanas derivadas dela e palabras sobre o volcán de La Palma.
Podes deixar o teu voto en comentarios!
aperta
amizade
liberdade
incertidume
agarimo
bicos
verbena
aprender
esperanza
restrición (2)
arroutada
repugnantiño
especial
rosmar
vacina (2)
variante
aforo
volcán
estromboliano
coada
lava
13/12/21
3/12/21
3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O centro uniuse á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" facendo unha foto cun paraugas, ademais doutras actividades, e así reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas. Xuntas e xuntos quitamos barreiras!
#OMenéndezBaixoOMesmoParaugas
1/12/21
PROXECTO "Ao Son da Nosa Música"
Compartimos os resultados da enquisa na que participou o noso alumnado de 5° e 6° dentro do proxecto socio-educativo "Ao Son da Nosa Música"
25/11/21
25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Camiñando xuntas e xuntos!
Centos de pegadas cheas de mensaxes percorren os corredores do colexio para amosar o noso firme rexeitamento ás violencias contra as mulleres.Complementamos a celebración con varias pezas musicais de artistas e grupos como: Sés, Cuarta Xusta, Guadi Galego, A banda da Loba, Rozalén, El Diluvi, Nina Simone...
17/11/21
TRADICIÓNS: Magosto I
Para nós o día grande foi hoxe coa chegada de Alfonso, o castañeiro da Praza Maior, e o seu tren de castañas. Preparámonos cos nosos cornetes e a gozalas. Estaban deliciosas!
8/11/21
Mes da Ciencia en Galego 2021
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
O alumnado de 6º de Primaria apuntouse ás videoconferencias postas a disposición por Igaciencia, Institución Galega da Ciencia, a través da súa canle:
Poden pensar as máquinas? co director do CITIUS, Senén Barro Ameneiro
A pandemia: o que nos arrebatou e o que nos deixou con Sonia Villapol Salgado
2/11/21
31/10/21
TRADICIÓNS: Festa dos Defuntos, Samaín
7/10/21
PROXECTO " Ao son da Nosa Música"
5/10/21
4/10/21
Lugo no noso camiño
Este curso imos abrir camiño para coñecer mellor o noso. Nese camiño imos atopar historia, tradición, arte, literatura, ciencia, natureza...
6/9/21
Benvida curso 21/22
Comeza un novo curso. Contamos con vós, contade con nós. A sementar!
"Todo o que queiras podes lograr"
21/6/21
FIN DE CURSO 2020/21. Adondar a lingua
Queremos despedir o curso con este fermosísimo videopoema de Celia Parra e co videoclip de A banda da Loba inspirado nel.
"Contamos con todos os ingredientes, con toda a sabedoría precisa para coidar desta masa nai que nos foi entregada. Para alimentarnos, para vivir, para sentir: adondemos a lingua."
Boas vacacións a todas e todos!
18/6/21
Encontro virtual con Xesús M. Piñeiro
Xesús explicou como é o día a día na redacción do xornal, quen traballa nela, que fan, como chegar a unha noticia, como funciona o "trello"...
Ao mesmo tempo que visitaron virtualmente a redacción falaron con outras persoas do equipo de Nós Diario (edición, maquetación, redacción). O encontro rematou cunha quenda de preguntas que aclararon as nosas dúbidas.
Grazas Nós Diario! Lémonos!
"A cabeza dunha/dun xornalista traballa as 24 horas do día!" |
13/6/21
AS LETRAS DAS CAMISETAS
Estamos a darnos conta de que ao noso redor hai moitas letras e palabras que din cousas.
Ata na nosa roupa !!!
Pasámolo moi ben "lendo" as camisetas dos nosos compañeiros e compañeiras.
31/5/21
Encontro virtual con Ledicia Costas
As nenas e nenos de 2º, 5º e 6º tivemos o pracer de falar con Ledicia Costas. A autora de "Conexión Macarrón" e de "A señorita Bubble" contounos cousas moi interesantes dela e das súas obras.
A Ledicia sempre lle gustou moito ler, comezou a escribir con 8 anos. Publicáronlle o seu primeiro libro con 16 anos, libro co que participou nun certame literario que non gañou. As súas influencias son libros como o de "Pippi Calzaslargas". Gústanlle moito as historias de misterio.
Cústalle inventar os títulos para os seus libros, "Conexión Macarrón" ocorréuselle porque lle gustan moito os macarróns. A idea de "A señorita Bubble" apareceulle para contribuír a facer visible o papel das mulleres na Ciencia.
Á pregunta se tiña pensado facer unha segunda parte de "Conexión Macarrón" contestou que non o pensara, pero que lle parecía unha boa idea. Tamén lle gustaría facer unha película dos seus libros porque así faríase famosa!
Moitas grazas, Ledicia! Ata outra.
19/5/21
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
O pasado venres, as alumnas e os alumnos de Educación Infantil celebramos o Día das Letras Galegas, que como xa sabedes este ano está dedicado a Xela Arias, autora do conto A fraga dos paxaros faladores e tradutora ao galego de moitos libros como As bruxas de Roald Dahl.
Esta é unha mostra das nosas actividades.
14/5/21
"A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" en 3ºB
"A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia" é o título do conto co que Xela gañou o concurso de Contos Infantís O Facho. Tiña 11 anos daquela, uns poucos menos ca nós! Con este traballo queremos lembrar o poder da imaxinación e comezar o noso camiño literario.
A nós tamén nos gusta moito escribir, utilizar a creatividade para aprender e construír un mundo de saberes máxico e á vez útil.
Gustounos moito o teu conto, Xela! A túa capacidade creativa pareceunos fascinante.
7/5/21
4/5/21
Hai correo!
O alumnado de 3º, 4º e 5º de E.Primaria está a participar nun intercambio de comunicacións escritas a través de correo ordinario e/ou electrónico con alumnado dos CEIP Recimil de Ferrol, CPI do Feal de Narón e CEIP Vila de Rutis de Culleredo. Enviáronse e recibíronse as primeiras cartas con moita ilusión!
27/4/21
Libros ao ar!
14/4/21
Encontro virtual con Sonia Villapol
Sonia falounos da estrutura do virus e de como entra nas células, persistencia e efectos a longo prazo, modos de transmisión, tipos de probas, das vacinas, das máscaras, que evitar e que facer...e tamén da vacina das nenas e nenos. Foi unha charla moi didáctica e amena onde puidemos participar coas nosas preguntas.
Moitísimas grazas!
As túas palabras tamén son as nosas! |