Recuperamos o #miúdoparladoiro, un espazo para a oralidade aberto a toda a comunidade escolar.
Lembrámosvos que nestes parladoiros imos
falar claro, falar en alto, falar polas orellas e tamén polos cóbados,
falar os sete falares ata...dar que falar. Hai quen prefire botar unhas
paroladas, outros... irán ao conto. Somos xente de lendas, de poesía, de
relatos, de palabras...Sabemos e queremos falar, o falar non ten
cancelas. Parémonos a falar!
Comezamos coa familia Rielo Abuín, capitaneada por Antía de 4º de Infantil B. Preséntannos o conto de "Carapuchiña Vermella" con marionetas.
Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario