Canción con Pictogramas: Volver a casa por Nadal
As nenas e nenos de 1ºC coñeceron e traballaron co que denominaron "o libro das normas dos galegos e as galegas": o Estatuto de Autonomía de Galicia
Os nenos e nenas de 4ºA de E. Infantil fixemos un mural de outono e cantamos a canción "Tres castañas polo chan"
Lía de 4º de Infantil B, súa irmá Ainara de 4º A e súa nai cóntannos:
"A vaca que puxo un ovo"
Grazas
Descubrindo o outono con Lucía de 4º de Infantil B e a súa irmá Celeste de 1ºC, acompañadas de súa nai. Graciñas!
Recuperamos o #miúdoparladoiro, un espazo para a oralidade aberto a toda a comunidade escolar.
Lembrámosvos que nestes parladoiros imos
falar claro, falar en alto, falar polas orellas e tamén polos cóbados,
falar os sete falares ata...dar que falar. Hai quen prefire botar unhas
paroladas, outros... irán ao conto. Somos xente de lendas, de poesía, de
relatos, de palabras...Sabemos e queremos falar, o falar non ten
cancelas. Parémonos a falar!
Moitas grazas!
Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, profesor e defensor da nosa lingua e da nosa cultura. As nenas e nenos de 5 anos fixemos debuxos sobre o seu libro “As pitas baixo a choiva “, que conta o que lle aconteceu de pequeno un día de chuvia cando quería recoller as galiñas e acabaron mollados coma pitos, el, as galiñas e toda a familia.
Chegou o día!
Na xornada de hoxe Diego e Adrián de Outro Prisma elaboraron o tan ansiado graffiti en homenaxe a nosa insigne escritora Rosalía de Castro.
Todo o alumnado de Primaria presenciou en distintos tempos a súa creación, desde a súa estrutura a base de figuras xeométricas ata o seu remate final cheo de cor. Unha obra artística de gran significado e beleza!
![]() |
Rosalía de Castro |
Historias de Samaín I no Menéndez por alumnado de 3ºB
Deixámosvos aquí a Uxía Senlle cantando a poesía de Rosalía de Castro "Has de cantar" (Cantares Gallegos, 1863)
Por certo...falta moi pouco para que Rosalía veña ao colexio. Desta vez para quedarse!!