Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

4/5/24

Letras Galegas 2024

Comezamos o mes das Letras, este ano dedicadas a Luisa Villalta, muller polifacética e amante das artes. 

A autora fixo certo o principio clásico de que todas as artes son amigas. Combinou ao longo da súa curta vida música e palabra nunha intensa e prolífica actividade cultural.

Recoñecida sobre todo como poeta, Luisa Villalta cultivou outros xéneros: teatro, ensaio, tradución de textos dramáticos, narrativa (novela e relato breve),  opinión a través de columnas no xornalismo... 

O  feminismo, a docencia, a política, o asociacionismo civil e profesional, a defensa do patrimonio e a natureza…

E con ela son 6 as mulleres homenaxeadas ao longo de algo máis de 60 anos de celebración das Letras Galegas!

No colexio estámonos preparando para coñecela e saber da súa vida e obra, así como das nosas Letras. Ademais de abondosas actividades de clase, estamos organizando para a semana do 13 ao 16 de maio outros actos para deleite de todo o centro.

Seguídenos na web do centro!

 


24/3/24

Cachopúas

 

Querid@s nenos e nenas:

Estou moi contento con todas as receitas que recibín😃. Creo que vou facer un receitario con todas elas e deixalo na biblioteca. Teño que pensar como clasificalas porque na Casiña do Maxín había de todo: primeiros pratos, segundos pratos, sobremesas... e de moitos países! Descubrín unha chea de ingredientes, sabores e elaboracións novas. Tamén sei que colaboraron moito na casa polo que estou aínda máis contento e desde aquí envío as grazas a todas as familias participantes.


Agardo que todas e todos gozarades moito con esta actividade en familia. Eu estou máis alegre que un cuco! ( Por certo...entre marzo e abril o cuco ha de vir).

Saudiños e ata a próxima aventura literaria!

















16/3/24

Encontro con Antía Yáñez

Durante este trimestre o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo lendo Plan de rescate de Antía Yáñez e coñecendo a autora. O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, foi Premio Agustín Fernández Paz á igualdade.

Diversidade, intriga, acción, humor, retranca...unha historia para tomar conciencia, aprender e rir.


Onte,15 de marzo, recibimos no centro a visita de Antía. A autora falounos da importancia das palabras e tamén  das personaxes e da trama. Despois abriuse unha animada rolda de preguntas e suxestións: escribir unha 2ª parte que teña como espazo outro país ou o noso colexio, engadir outros personaxes...entre outras.

Antía díxonos que para escribir hai que ler moito e que a ela lle gustaría vivir dos libros, da literatura. 

Nenas de 6ºB crearon un mural para ela con moita ilusión e ao final asinounos algúns libros. 

Moitas grazas Antía polo que nos transmitiches e pola túa amabilidade.



1/3/24

Día de Rosalía2024


Libros, poesía, flores, cancións, debuxos...arte infantil para homenaxear a nosa autora máis ilustre.


             

10/2/24

ENTROIDO NO MENÉNDEZ

Este curso decidimos celebrar o Entroido dando protagonismo a algún dos personaxes de noso.

Coñecemos algo máis deles, dos seus traxes, da súa historia, das súas características...Descubrimos moitas cousas e pasámolo en grande tanto traballando nos traxes como festexándoo no cole.

Atrevémonos coa poesía, cos atranques, coas coplas...Fixemos soar as nosas chocas e chocallos. 

Deixamos aquí unha pequena mostra do que foi. Ides atopar peliqueiros, felos, cigarróns, madamas e galáns, troteiros e xenerais da Ulla. Unha marabilla!

Moitas grazas ás familias pola estimada colaboración.

2/2/24

ENTROIDO 2024

 

O Meco Boneco dá comezo á celebración do Entroido 2024 no colexio. 

Estamos preparando os nosos traxes para o día grande con moita ilusión, pero mentres...sigamos os mandatos do Meco Boneco. 

A correr o Entroido!



23/12/23

NADAL NO MENÉNDEZ. PORTAS DAS AULAS

Todas as portas do centro foron engalanadas para o Nadal. Foi unha actividade moi interesante, pois todos nos afanamos en facer os mellores adobíos, as mellores nadaliñas... con deseños propios. 

Con elas felicitamos ás familias.