Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

26/2/22

ENTROIDO GALEGO

Durante estes días, e en varias titorías, demos un repaso a algúns dos personaxes do noso Entroido: traxes, ritos, lugares, celebracións, gastronomía... Recollemos aquí unha mostra deles. 
Goza o Entroido galego!


 

ENTROIDO 2022

Camiño do Entroido

Peregrinas e peregrinos rosalianos, tradicionais, modernos, deportivos, orixinais, primaverais...pasaron polo centro nun continuo devir. 



Coñecemos a indumentaria do peregrino xacobeo medieval: sombreiro, capa, bordón, cabaza, cuncha... Moitas grazas á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo por facilitárnola.

Tivemos música de Entroido nas voces de Paco Nogueiras, Antonio Luz, Brinca Vai, Pingallos...

Moitas grazas familias pola vosa valiosa colaboración e a toda a Comunidade Escolar . 


 

24/2/22

23 de febreiro, Día de Rosalía


CAMIÑO ROSALÍA

Na homenaxe a Rosalía, as actividades foron moitas e moi variadas. Todo o alumnado do centro quixo coñecer algo máis da súa obra.


Traballáronse poemas como: Vente, rapasa, Vamos bebendo, Mais ve que o meu corazón, Por que miña almiña, Adiós ríos, adiós fontes, Prá Habana, A xustiza pola man, Unha vez tiven un cravo, Como chove miudiño, Alborada...


Arte nas mans e arte nas voces das nenas e dos nenos. Moi emocionante!



Todo isto acompañado de poesía musicada por Astarot, ACadaCanto, Uxía, Amancio Prada, Nao... 


 

21/2/22

TRADICIÓNS: Mandado II + DÍA DE ROSALÍA

Un día moi especial! A obra de Rosalía na voz das nenas e nenos que a homenaxean na visita ao graffiti do centro que a representa. 

Meco-Peregrino

 

Gozade con "Este meu camiño"de Acadacanto. Peza baseada na poesía de Rosalía "Dende aquí vexo un camiño".