Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

21/2/22

TRADICIÓNS: Mandado II + DÍA DE ROSALÍA

Un día moi especial! A obra de Rosalía na voz das nenas e nenos que a homenaxean na visita ao graffiti do centro que a representa. 

Meco-Peregrino

 

Gozade con "Este meu camiño"de Acadacanto. Peza baseada na poesía de Rosalía "Dende aquí vexo un camiño".



 

20/2/22

TRADICIÓNS: Mandado I

Meco-Peregrino

 

21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna 2022

Mira que din: Lingua materna  (Interesante...preme!)

Deixamos aquí o número 6 das Brincadeiras da lingua. Migallas Teatro.

Unha serie de dez divertidos programas audiovisuais que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen en galego e que acompañan desde hai séculos as brincadeiras da cativada e mais a transmisión familiar da lingua.

 

Para acompañar xogos

Hai que ver cantos xogos tradicionais temos para pasalo de marabilla cos amigos e amigas! E para gozar máis deles, non podía faltar unha chea de ditos ben xeitosos e mesmo curiosos. Temos para botar ás sortes; para atinar; para bailar; para xogar á pita cega; para saltar á corda...


 

 

18/2/22

TRADICIÓNS: Comeza a festa!

  O Entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrícolas e a chegada da primavera.

 

En Galiza ten moita tradición. Entroido vén do termo latino introitus que significa entrada, entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén podemos dicir Carnaval.

Tempo de festa e diversión. Disfrázate e pásao ben! 

 

Meco-Camiñante

28/1/22

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Linguaxe positiva:"E ti, de que enches a túa mochila?"

Enchemos o noso colexio e a nosa mochila invisible con moreas de burbullas con palabras positivas.

As palabras teñen moito poder. Carga a túa mochila e a dos demais con palabras lixeiras, agradables, bonitas, que nos fan rir...Farás o teu camiño e o dos demais máis feliz!

Actividade baseada no conto: "La mochila invisible" (escrito por Anna Morató e ilustrado por Eva Rami).

 


20/12/21

16/12/21

Palabra do Ano 2021, as Voces de 6ºB

O Portal das Palabras vén de publicar as cinco palabras finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2021, campaña posta en marcha no 2014 consistente en elixir de forma colectiva, coas nosas suxestións, o termo que mellor pode resumir o acontecido durante o ano.

O alumnado de 6ºB sumouse facendo a súas propostas, 23 voces que para elas e eles resumen o vivido durante o 2021: palabras relacionadas coa pandemia da Covid-19 e con necesidades humanas derivadas dela e palabras sobre o volcán de La Palma.

Podes deixar o teu voto en comentarios! 

 


aperta

amizade

liberdade

incertidume

agarimo

bicos

verbena

aprender

esperanza

restrición (2)

arroutada

repugnantiño

especial

rosmar

vacina (2)

variante

aforo

volcán

estromboliano

coada

 lava