O alumnado de 3º, 4º e 5º de E.Primaria está a participar nun intercambio de comunicacións escritas a través de correo ordinario e/ou electrónico con alumnado dos CEIP Recimil de Ferrol, CPI do Feal de Narón e CEIP Vila de Rutis de Culleredo. Enviáronse e recibíronse as primeiras cartas con moita ilusión!
Datos persoais
- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
4/5/21
27/4/21
Libros ao ar!
Lecturas, libros, interpretacións, composicións, textos,
palabras...deixáronse ir nas voces das nenas e dos nenos para celebrar o
Día do Libro.
14/4/21
Encontro virtual con Sonia Villapol
O alumnado de 5º de Primaria participou da interesante charla ofrecida pola profesora e científica lucense Sonia Villapol desde o Instituto de Investigación
Houston Methodist.Sonia falounos da estrutura do virus e de como entra nas células, persistencia e efectos a longo prazo, modos de transmisión, tipos de probas, das vacinas, das máscaras, que evitar e que facer...e tamén da vacina das nenas e nenos. Foi unha charla moi didáctica e amena onde puidemos participar coas nosas preguntas.
Moitísimas grazas!
![]() |
| As túas palabras tamén son as nosas! |
26/3/21
Día Mundial da Auga: A gotiña viaxeira de Toño Núñez
O alumnado de 1º descubriu o ciclo da auga da man de Plis e Plas e, de paso a importancia do coidado dos nosos ríos e mares. As nenas e nenos gustaron moito do libro, dando pé a estes marabillosos traballos.
13/3/21
7/3/21
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













