Datos persoais

Mi foto
Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.

17/2/21

Día Internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultura.
Preme na imaxe

11/2/21

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

En 5ºB estamos a traballar as Mulleres na Ciencia. Nos vindeiros días expoñeremos os nosos traballos de investigación baixo un código QR. Convídámoste a seguirnos. Cada unha das mulleres disporá dun código para que ti o abras. Descobre e aprende con nós!

"A señorita Bubble" (Ledicia Costas), como inventora que é, instalouse tamén con nós.

 

28/1/21

#miúdoparladoiro 6

"OS TRES PORQUIÑOS"

 Dúas versións contadas pola familia Rielo Abuín e por Lía de 4º de Infantil B, súa irmá Ainara de 4º A e súa nai.

Moitas grazas a todas!

22/1/21

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Letra
Esta é a danza

Da esperanza

Danza capaz

De sementar paz.
 
 
Ombro con ombro

Pódese todo.

Ombro con ombro

Pódese todo.

 
Dá un taconazo

Levanta un brazo

E con donaire

Dalle ao cu aire.
 
 
Colle a orella

Da túa parella

Faille cóxegas

Ponlle pequena.
 
 
Esta é a danza

Da esperanza

Danza capaz

De sementar paz.
 
 
Agora dá un brinco

Ou mellor cinco

E tres palmadas

Con gargalladas.
 
 
Esta é a danza

Da esperanza

Danza capaz

De sementar paz.
 
 
Logo ao compás

Anda cara atrás.

E cara diante

Coma un xigante.
 
 
Pinta un momento

Paz no vento.

Grita un segundo

Paz no mundo.