Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, profesor e defensor da nosa lingua e da nosa cultura. As nenas e nenos de 5 anos fixemos debuxos sobre o seu libro “As pitas baixo a choiva “, que conta o que lle aconteceu de pequeno un día de chuvia cando quería recoller as galiñas e acabaron mollados coma pitos, el, as galiñas e toda a familia.
Datos persoais
- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
15/11/20
5/11/20
Graffiti Rosalía de Castro
Chegou o día!
Na xornada de hoxe Diego e Adrián de Outro Prisma elaboraron o tan ansiado graffiti en homenaxe a nosa insigne escritora Rosalía de Castro.
Todo o alumnado de Primaria presenciou en distintos tempos a súa creación, desde a súa estrutura a base de figuras xeométricas ata o seu remate final cheo de cor. Unha obra artística de gran significado e beleza!
![]() |
| Rosalía de Castro |
1/11/20
SAMAÍN 2020
Historias de Samaín I no Menéndez por alumnado de 3ºB
...e touporrotou, isto non rematou.
Seguide a pista en http://acaixadoscontosdomenendez.blogspot.com/p/retos-curso-20-21.html
22/10/20
Zonchos
Chegaron os primeiros colares de castañas cocidas a 1ºC, os zonchos.
Dispostas e dispostos a celebrar o magosto na casa? Animádevos!
Deixámosvos aquí a Uxía Senlle cantando a poesía de Rosalía de Castro "Has de cantar" (Cantares Gallegos, 1863)
Por certo...falta moi pouco para que Rosalía veña ao colexio. Desta vez para quedarse!!
9/9/20
Benvida 2020/21
Todo está orientado para formarnos e protexernos mutuamente, uns aos outros. Aprenderemos xuntos, sen présas, dándonos tempo. Esforzarémonos moito. Sairá ben!
Goza con Paco Nogueiras "Meu o mundo é", e xa sabes...en galego todo podo facer, pero CON XEITO!
16/6/20
FIN DE CURSO 2019/20
#cheas e cheos de vida
Voltaremos vernos!!
Boas vacacións para toda a comunidade escolar
Unha mensaxe para vós, con esta canción de Guadi Galego, "Chea de vida". A cantante xuntou centos de rapazas e rapaces nos
estaleiros de Navantia en Ferrol para a gravación orixinal co gallo das
Letras Galegas do ano 2017. Foi espectacular!
Goza dela, canta, baila, libera...
Goza dela, canta, baila, libera...
Voltaremos vernos!!
Boas vacacións para toda a comunidade escolar
20/5/20
LETRAS GALEGAS DESDE A CASA 5º Primaria
LETRAS GALEGAS 2020 5ºA
LETRAS GALEGAS 2020 LÚA 5ºB
LETRAS GALEGAS 2020 5ºB
LETRAS GALEGAS 2020 LÚA 5ºB
LETRAS GALEGAS 2020 5ºB
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






