O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º gozou hoxe coas nenas e nenos do CEIP Casás acompañados do su titor, Anxo. Unha homenaxe á castaña en " Unha raíña destronada". A castaña foi a raíña da nosa cociña, ata que...chegou a pataca!! Emporiso os soutos e os leais ourizos seguen anunciando a súa chegada cada outono. Celebra o magosto! (Se queres saber máis da castaña)
O alumnado de 4º A e B realizou un obradoiro de ilustración con Sabela Díaz. A ilustradora, acompañada de Castaña, Landra, Pinga e Lontra, foinos introducindo no mundo da banda deseñada a través dunha temática ambiental de vital importancia: a contaminación da auga.