Datos persoais

- Menéndez
- Animamos a dar o paso para converter a lingua galega na nosa fala diaria e en todos os ámbitos da nosa vida.
26/2/22
ENTROIDO GALEGO
ENTROIDO 2022
Camiño do Entroido
Peregrinas e peregrinos rosalianos, tradicionais, modernos, deportivos, orixinais, primaverais...pasaron polo centro nun continuo devir.
Coñecemos
a indumentaria do peregrino xacobeo medieval: sombreiro, capa, bordón,
cabaza, cuncha... Moitas grazas á Asociación de Amigos do Camiño de
Santiago da provincia de
Lugo por facilitárnola.
Tivemos música de Entroido nas voces de Paco Nogueiras, Antonio Luz, Brinca Vai, Pingallos...
Moitas grazas familias pola vosa valiosa colaboración e a toda a Comunidade Escolar .
24/2/22
23 de febreiro, Día de Rosalía
CAMIÑO ROSALÍA
Na homenaxe a Rosalía, as actividades foron moitas e moi variadas. Todo o alumnado do centro quixo coñecer algo máis da súa obra.
Traballáronse poemas como: Vente, rapasa, Vamos bebendo, Mais ve que o meu corazón, Por que miña almiña, Adiós ríos, adiós fontes, Prá Habana, A xustiza pola man, Unha vez tiven un cravo, Como chove miudiño, Alborada...
Arte nas mans e arte nas voces das nenas e dos nenos. Moi emocionante!
Todo isto acompañado de poesía musicada por Astarot, ACadaCanto, Uxía, Amancio Prada, Nao...
23/2/22
22/2/22
21/2/22
TRADICIÓNS: Mandado II + DÍA DE ROSALÍA
20/2/22
21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna 2022
Mira que din: Lingua materna (Interesante...preme!)
Deixamos aquí o número 6 das Brincadeiras da lingua. Migallas Teatro.
Unha serie de dez divertidos programas audiovisuais que teñen como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen en galego e que acompañan desde hai séculos as brincadeiras da cativada e mais a transmisión familiar da lingua.
Para acompañar xogos
Hai que ver cantos xogos tradicionais temos para pasalo de marabilla cos amigos e amigas! E para gozar máis deles, non podía faltar unha chea de ditos ben xeitosos e mesmo curiosos. Temos para botar ás sortes; para atinar; para bailar; para xogar á pita cega; para saltar á corda...
18/2/22
TRADICIÓNS: Comeza a festa!
O Entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en Europa. A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrícolas e a chegada da primavera.
En Galiza ten moita tradición. Entroido vén do termo latino introitus que significa entrada, entrada nunha nova estación, a primavera. Tamén podemos dicir Carnaval.
Tempo de festa e diversión. Disfrázate e pásao ben!
Meco-Camiñante |